DEPORTE

A III Andaina de Rariz de Veiga: "O agarimo da natureza"

1op7554_result

A terceira edición da andaina do Concello de Rairiz de Veiga celebrarase o vindeiro domingo, 28 de maio. A proba, de dificultade media-baixa, comezará ás 9.00 horas desde A Saínza

Rairiz de Veiga celebrará, por terceiro ano consecutivo, unha andaina que percorrerá os lugares máis emblemáticos do municipio. Será o vindeiro 28 de maio e onte presentouse oficialmente no Pazo Provincial de Ourense da man do deputado provincial de Deportes, Juan Anta e da alcaldesa de Rairiz, Asunción Morgade. 

Baixo o lema "O agarimo da natureza" a proba ofrecerá dúas posibles rutas: unha longa de 26 quilómetros e unha curta de 11. Tal e como sinalou Juan Anta a iniciativa "fomenta a práctica do deporte e pon en valor o entorno natural de Rairiz de Veiga sendo unha gran oportunidade para coñecer as súas potencialidades turísticas" e é que andaina pasará por lugares como A Saínza, onde cada ano ten lugar a batalla entre mouros e cristiáns, ou a carballa da Rocha, árbore declarada Monumento Natural no ano 2006. 

As inscripcións poderán realizarse ata o 25 de maio nas oficiñas do Concello de Rairiz de Veiga ou a través do correo electrónico [email protected]. Polo momento hai un centenar de participantes.

Te puede interesar