ARTES MARCIAIS

O mellor Wushu chega este fin de semana a Ourense

Ourense. 29-06-2016. Presentación torneo de Wushu. Paz
photo_camera La presentación del XV Trofeo Internacional de Wushu.

Ademáis da celebración do XV Trofeo Internacional de Wushu este fin de semana no Pavillón dos Remedios, a delegación chinesa impartirá clases de diferentes artes marciais

Os mellores deportistas de Wushu do mundo darán mostra do seu talento este fin de semana no Pavillón dos Remedios. 300 persoas chagadas de diferentes puntos do país e de lugares do mundo como China ou Suíza participarán na XV edición do Trofeo Internacional de Wushu. 

Ademáis, a delegación chinesa abrirá o programa de actividaes cunha exhibición de artes marciais acompañados de nenos. Tamén impartirán xornadas de tecnificación que comezarán o próximo día 4 de xullo e terán lugar nas instalacións de Oira. 

Non será a única actividade que leven a cabo posto que dende o próximo luns, ás 8 horas, comezará o habitual programa de Taichi no Xardín do Posío que será impartido pola profesora chinesa da especialidade. 

Te puede interesar