DEPORTE

O Oupen 2018 xogarase a partir deste martes

Previsto para celebrarse no marco das Festas de Ourense, tivo que ser aplazado por mor do tempo. Celebrarase entre os días 10 e 14 de xullo

O Oupen 2018 xogarase a partir deste martes

O Torneo Nacional Ourense Oupen 2018, previsto na programación das Festas de Ourense e cancelado polas condicións meteorolóxicas adversas, terá lugar entre o 10 e o 14 de xullo nas pistas do Club Santo Domingo. Trátase dun campionato homologado pola Federación Española de Tenis e puntuable para o ránking nacional.

Hai unha vintena de tenistas inscritos, “os mellores xogadores galegos do momento e outros de fóra de Galicia”, segundo a organización. Os partidos xogaranse a partir do martes 10 de xullo pola tarde, a partir das 18:30 horas, con entrada libre e gratuíta ao torneo.

Se as condicións meteorolóxicas o permiten, a final disputarase o sábado 14 ás 18:30 h.