DIVISIÓN DE HONOR

Tres puntos de ouro para o Pabellón

Ourense. 05-02-16. Deportes. Pabellón-Deportivo.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Un xogador do Pabellón, loitando cun rival. (XESÚS FARIÑAS)

O equipo de Guillermo García obtivo unha victoria clave frente ao Deportivo (2-1)

O Pabellón sumou esta tarde tres puntos importantes ante un rival cualificado que loita polo título e por un posto na Copa do Rei como é o Deportivo.

Os branquiverdes sacaron froito dunha total entrega condimentada cunha boa organización para combatir a maior posesión de balón que esperaba do rival. Foi na primeira metade cando os locatarios fabricaron a vitoria primeiro cun gol pasada a media hora de xogo de perfecta finalización por medio de Rivero e posteriormente o segundo anotado por Mario despois de aproveitar un érro do meta herculino ao que se lle foi o balón das mans nun eonctronazo cun compañeiro. Faltaban catro minutos para o descanso e o marcador sinalaba un esperanzador 2-0 co que se marcharon ambos equipos ao vestiario e cun Deportivo que apenas inquietou a meta local.

Quedaban corenta e cinco minutos da segunda metade cun esperado guión. Os de José Ramón apretaron maís, tiveron máis balón pero o Pabellón sacou forzas de todos os lados para defender de forma exquisita o ataque desenfrenado do rival. Xa no tempo de desconto o Deportivo anotaría o 2-1 sen tempo para máis e os tres puntos quedaron en Ourense.

O martes co Llano

O próximo martes, festividade de Carnaval, o Pabellón recibe nos Remedios (16 horas) ao Llano de Gijón na cita que fora aprazada da xornada dezasete.

Te puede interesar