SOLIDARIDADE

Unha 'carreira solidaria' con Chema Martínez o próximo domingo en Ourense

O atleta madrileño dirixirá o próximo domingo unha carreira solidaria en Ourense para dar a coñecer e recadar fondos para a investigación da enfermidade do Chagas. 

Ourense será o escenario o próximo domingo dunha "quedada solidaria de runners" que estará dirixida polo atleta Chema Martínez. A carreira, organizada pola fundación Mundo Sano e que ten ao Concello como colaborador, ten coma finalidade dar visibilidade ao 'RetoChagas', unha campaña que busca recadar fondos para a investigación da enfermidade de Chagas. 

Chema Martínez e o seu equipo están a realizar unha ruta solidaria co lema "Xuntos podemos pararlles aos pés ao Changa" no que percorren 970 kilómetros en bicicleta. O recorrido vai dende Madrid ata o Faro de Fisterra e o completarán en 6 etapas. Se o conseguen, se realizará á donación de 100.000 euros para esta causa solidaria. 

Durante esta viaxe, Chema Martínez imparte adestramentos como o que fará en Ourense e que constan dunha carreira duns 5-7 kilómetros. Despois da carreira, o atleta responderá ás preguntas dos participantes. A saída desta carreira será en torno ás 20:20 horas. 

Os interesados poden apuntarse na web www.retochagas.com/

Te puede interesar
Más en Deporte local