LA ENTREVISTA DE +DEPORTE

Xogamos tod@s, o baloncesto como elemento de inclusión

Millán Brea, coordinador do proxecto Xogamos Tod@s.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Millán Brea, coordinador do proxecto Xogamos Tod@s. Foto: Xesús Fariñas

Baixo a coordinación de Millán Brea, o Pavillón Feminino puxo en marcha unha iniciativa que procura a integración de diversos colectivos baixo un denominador común, a práctica deportiva e as actividades relacionadas co baloncesto

Millán Brea é unha das caras máis xenerosas do baloncesto provincial. Sempre implicado en actividades e proxectos sociais, o entrenador puxo en marcha, coa colaboración do Pavillón feminino e a axuda dos entrenadores Ramón González e Sergio García, a iniciativa "Xogamos tod@s".

Como xorde o proxecto Xogamos Tod@s?
Nace dunha proposta que lle fago á presidenta do Pavillón, Carmen Limia, e o certo é que foi escoitarme e non puxo un pero, foron todo facilidades. É un pracer presentar unha idea e que ninguén poña problemas.

Un proxecto tan complexo, ten algún tipo de referente previo?
A proposta está basada nun  proxecto creado pola Federación Española chamado NBI (O Noso Baloncesto Integra) e facíase unicamente en centros de menores. En Galicia soamente se levou a cabo en Ourense baixo a miña coordinación e dous días por semana asistíamos ós centros para entrenar cos rapaces.

Sen embargo, o voso traballo non está soamente pensado para rapaces en centros de menores verdade?
Este ano aproveitando que non estou entrenando quixen retomar o asunto pero cun plantexamento máis ambicioso. Tentaremos lograr a inclusión de varios colectivos a través do baloncesto e do deporte e iremos completando fases. Haberá un día de adestramento semanal pero queremos facer, cada tres ou catro meses, algún torneo no que participen equipos federados, levar ós rapaces ó baloncesto dos equipos representativos e a participación de xogadores destes conxuntos nos entrenos.

Xa houbo participación de xogadores?
Sí, por suposto. Xa viñeron a entrenar xogadores do COB e do Pavillón e a experiencia foi fantástica.

Cando comezará a segunda fase que tedes marcada neste proxecto?
A partir de xaneiro comezaremos a ir ó centro de menores de Monteledo e faremos dúas sesións de entrenamento por semana con eles. Ademáis, a maiores tentaremos comezar a traballar con xente con parálisis cerebral en Aixiña. Esta asociación ten o equipo de boccia pero nós queriamos plantexarlles adestramentos de baloncesto. É unha idea a medio longo prazo pero a idea é concretalo este ano xa, pero é un asunto bastante complexo. Tamén queremos tocar o tema do básket en cadeira de rodas pero semella que non hai un colectivo o suficientemente amplo como para chegar a ter un equipo.

Por último, a quen está dirixida esta iniciativa e onde ten lugar?
Está aberto a todo o mundo. En principio estaba orientado á mocidade de entre 14 e 21 anos pero o certo é que non hai límite. Contactamos con varios colectivos como Down Ourense, Aspanas, entre outros e a idea é que todo o mundo xogue o básket. O deporte é un ben común da sociedade e debemos fomentalo e os que desexen entrenar teñen unha cita todos os xoves de 18.00 a 19.30 horas na Casa da Xuventude de Ourense.

Te puede interesar
Más en Deporte local