ECONOMÍA

Os galegos facemos a compra máis barata de España

A comunidade é a máis barata nos produtos de supermercado, segundo un barómetro de Soysuper. 

Galicia segue como a comunidade máis barata para facer a compra no supermercado, xa que é un 0,97% menos que a media estatal, segundo se recolle nun barómetro da compañía Soysuper.

Así mesmo, Lugo é a provincia máis barata de España para facer a compra, con prezos un 1,62% máis baixos que no resto de España; seguida por Ourense (-1,03%) e Pontevedra (-0,86%).

No outro extremo, as clasificacións de comunidades máis caras están lideradas por Baleares, un 0,45% máis cara que a media, seguida por La Rioja, Euskadi e Asturias. Entre as máis baratas tras Galicia están Murcia e Canarias.

Pola súa banda, Navarra foi a provincia que máis subiu os prezos en comparación coa media dende o ano pasado, mentres que en Badajoz foi onde máis baixaron.

Te puede interesar