Arranca a xornada electoral en Galicia coa apertura de mesas electorais

78.172 residentes en Galicia poderán participar por primeira vez nestas eleccións, por cumprir 18 anos dende a anterior votación á Cámara.

A xornada electoral con motivo das eleccións autonómicas galegas deste domingo 25 de setembro arrancou en Galicia coa apertura de mesas nas catro provincias galegas.

Ás 9,00 horas abriron as mesas electorais, que estarán abertas ata as 20,00 horas os electores ao Parlamento de Galicia, que superan os 2,7 millóns, un 0,2% máis respecto á cita coas urnas celebrada na comunidade autónoma en outubro de 2012.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), 78.172 residentes en Galicia poderán participar por primeira vez nestas eleccións, por cumprir 18 anos dende a anterior votación á Cámara. Mentres, un total de 446.235, o 16,52%, son residentes no estranxeiro con municipio de inscrición en Galicia.

Ás 10,15 horas está prevista na Xunta, en Santiago, a comparecencia do secretario xeral da Presidencia, Manuel Galdo, para informar dos datos de apertura e incidencias da xornada electoral.

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S