Baltar apela ao voto moderado na xornada electoral do domingo

OURENSE. 23.09.2016 CELANOVA, MITIN PP FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Manuel Baltar, no mitin de onte en Celanova.

A cabeza de lista, Marisol Díaz, agradeceu as mostras de apoio recibidas nestes quince días, “que ademais de orgullo son unha enorme responsabildade”.

O claustro do mosteiro de Celanova foi o escenario escollido polos populares ourensáns para poñer fin a unha intensa campaña electoral que, na última xornada, tamén tivo como puntos de referencia a cidade, cun encontro en Aixiña con colectivos sociais, Maside, Trasmiras e un xantar-mitin no Carballiño que contou coa presenza do presidente do PPdeG e candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

No remate da campaña, o presidente provincial, Manuel Baltar, fixo unha chamada á mobilización dos ourensáns ata o último momento, “para que o domingo pola noite teñamos un presidente elixido pola inmensa maioría dos galegos e non froito dun acordo contra eles”.

Manuel Baltar salientou a campaña dos populares ourensáns, “na que falamos de Ourense, de Galicia, de realidades e feitos, dun proxecto  e, sobre todo, do “si” fronte ao “non” e de futuro fronte a unha visión apocalíptica da nosa terra”.  Unha campaña en positivo, dixo, cunha candidatura na que aportamos a experiencia na xestión do diñeiro público e perfectamente identificada coa idea de Ourense”. 

A cabeza de lista, Marisol Díaz, agradeceu as mostras de apoio recibidas nestes quince días, “que ademais de orgullo son unha enorme responsabildade”. Díaz afirmou que tanto ela como os seus compañeiros “imos procurar que no horizonte do 2020 Ourense teña mellores infraestruturas e alternativas de mobilidade, novos servizos sanitarios, un rural activo e moderno e novos equipamentos para esa gran aposta que é a marca Ourense, provincia termal”.n

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S