Cre que a lingua galega precisa máis protección?

opi

Seis persoas falan sobre a situación do galego e sobre a protección que se lle da. 

2016-09-23-photo-00000259_resultDavid Gallego (Perruqueiro, Seixalbo)

Na miña opinión, debería de usarse máis a lingua galega tanto en actividades, como nas escolas e nos traballos. 

Considero que é moi importante que a lingua galega avance máis en todos os sitios e en todos os sectores laborais.  

Sería unha pena que a nosa lingua se fose perdendo paulatinamente e deberiamos contribuír todos dándolle un pouquiño máis de uso. 

Ademáis debería ter máis protección por parte das institucións, porque nótase que a nosa lingua está perdendo moitos falantes e cada vez fálase menos. Parece que só queda nas aldeas.

2016-09-23-photo-00000263_resultSandra García  (Enfermeira, Ourense)

Creo que a lingua galega está suficientemente protexida no ámbito do ensino, sobre todo nos centros educativos. Pero iso quizáis non sexa suficiente para garantir que perviva.

Tamén considero que se debería fomentar o seu emprego nas institucións públicas.

Dende a administración galega debería dárselle moito máis valor, xa que é a lingua orixinaria do noso pobo e temos a obriga de protexela. 

Tamén coido que deberiamos contribuír todos os cidadáns un pouquiño máis a que se estimule máis o seu uso no ámbito privado e familiar.

2016-09-23-photo-00000261-2-_resultAntonio García (Xubilado, Viladerrei)

A miña opinión sobre a lingua galega é que, sobre todo, existe unha necesidade imperiosa en que seca moito máis potenciada no ámbito do ensino.

Tamén considero que as institucións galegas deberían protexela con máis intensidade e potenciar o seu uso, algo ao que temos que contribuír os cidadáns e todos os políticos dos diferentes partidos.

Penso que só desta maneira, potenciándoa e garantizando os dereitos dos falantes poderase seguir falando con normalidade, e esa normalidade será moi positiva para Galiza en tódolos aspectos. 

2016-09-23-photo-00000265_resultÓscar Rodríguez (Fontaneiro, Ourense)

Eu estou convencido de que a lingua galega precisa de máis protección e apoios por parte dos nosos políticos e gobernantes, ao igual que fan en Cataluña e máis no País Vasco.

Deberíase potenciar máis nas escolas e nos organismos oficiais do ámbito galego.
Mesmo considero que se debe seguir como se estaba facendo ata hai pouco, que non sei se segue vixente, de darlle unha pequena axuda a aquelas familias que poñan o nome dos seus fillos e fillas na nosa lingua. 

Esa é a liña que debería seguir o Goberno.

2016-09-23-photo-00000255-1-_resultVíctor Feijóo (Empresario, Ourense)

A miña opinión sobre o galego é que considero que nos últimos anos o avance do galego foi a máis. Ségueselle dando pouca importancia e non continúa a protección que dende as institucións considero que se lle debería dar.Segue sendo unha lingua menor e un idioma pouco valorado, está considerada a lingua da xente inculta. Creo que o español segue a ser percibido como a lingua da xente culta. Dende as institucións deberían darlle outra importancia e outro valor mediante subvencións, por exemplo. Forma parte do noso patrimonio.

2016-09-23-photo-00000257-1-_resultRochi Nóvoa (Mestra de inglés, Vilardevós)

A verdade é que temos unha lingua moi bonita, herdanza dos nosos ancestros. Baixo ningunha premisa podemos permitir que nola neguen e deixar que sigan querendo eliminala. Á lingua debémoslle unha identidade, expresións... Lamentablemente o señor Feijoo quitou hai uns anos aquela lei que lle daba o seu lugar ao galego na aula. O profesorado deberiamos falar a lingua que escolleran os pais para os seus fillos segundo esa lei. Pero eu seguireina incumprindo. Eu falo moitos idiomas, pero uns non quitan aos outros. 

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S