Manuel Baltar: “O retorno do talento é unha prioridade"

mitin.pp.en.cartelle.03_result
photo_camera Baltar, en Cartelle.

En Castrelo de Miño, a candidata Jackeline Fernández non deixou pasar a oportunidade de indicir nas oportunidades que o Partido Popular quere ofrecer aos mozos. 

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, subliñou onte o compromiso adquirido pola formación popular cos mozos, “onde o retorno do talento e a empregabilidade é unha prioridade para garantir o futuro de Ourense”, mensaxe que lanzou nos mítines celebrados en Cartelle e Castrelo de Miño e nos que tamén participou o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

Manuel Baltar destacou que só un goberno estable como o que presidirá Alberto Núñez Feijóo, “será quen de avanzar nas políticas activas de emprego, sobre todo logo de desenvolver nestes anos un proxecto destinado aos mozos como colectivo único e prioritario. O obxectivo do Partido Popular, engadiu, é mellorar a preparación e formación dos nosos mozos e ofrecerlles oportunidades laborais, que agora vanse traducir nun programa que facilitará a súa primeira experiencia laboral e o máximo apoio ao emprendemento xuvenil.

Marisol Díaz, a cabeza de lista da candidatura ourensá, tamén centrou a súa mensaxe na mocidade, sinalando que as propostas do candidato popular á Xunta “non son simple letra impresa nun programa; son un paso máis para ofrecer unha Galicia e un Ourense de oportunidades ás novas xeracións”. Os próximos pasos, engadiu, son o resultado de programas como a formación dual, da contención das taxas universitarias, as máis baixas de España, dos incentivos á contratación dos mozos ou dos beneficios fiscais para os emprendedores.

En Castrelo de Miño, a candidata Jackeline Fernández non deixou pasar a oportunidade de indicir nas oportunidades que o Partido Popular quere ofrecer aos mozos. 

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S