En Marea, BNG, C`s e CxG cumprirán 10 medidas para a lei de identidade de xénero

Entre as medidas atópanse a creación dunha Lei Glega de Identidade de Xénero, e unha unidade asistencial de referencia para a identidade de xénero

En Marea, BNG, C`s e CxG cumprirán 10 medidas para a lei de identidade de xénero

En Marea, BNG, Ciudadanos e Compromiso por Galicia asinaron un documento co que se comprometen a cumprir 10 medidas impulsadas polas asociacións LGTBI galegas, impulsando cos seus votos a súa aprobación no Parlamento de Galicia no ano 2017, así como as medidas que "fixesen falta" para que "se"fagan cumprir as mesmas".

O obxectivo, precisaron as cinco asociacións reunidas este venres en Santiago -TransForma Unión trans, Arelas, Ultreia LGTBI, Alas e Casco Comité Cidadán Antisida-, é conseguir unha lei de identidade de xénero ao igual que noutras autonomías como Madrid.

Entre as 10 medidas básicas atópase a necesidade de aprobar no primeiro ano de lexislatura a Lei Galega de Identidade de Xénero, consensuada co colectivo LGTBI galego. Pero ademais, solicítase a creación dunha unidade asistencial de referencia para identidade de xénero, así como a inclusión da diversidade sexual e de xénero nos currículos educativos, nos plans de convivencia dos centros e nos plans de estudio das universidades.

Tamén se pide a creación dunha documentación identificativa transitoria para todas aquelas persoas residentes en Galicia, en todas as etapas da vida, que non sentan identificadas co nome e o xénero registral.

Así mesmo, solicítase a creación dun Observatorio LGTBI de investigación, control, atención integral e asesoramento xurídico, ademais de facer fincapé na necesidade de traballar transversalmente a sensibilización social e a visibilización do colectivo LGTBI a través de plans de formación, prevención e erradicación da LGTBIfobia.

De igual modo, apóstase pola realización de plans galegos de fomento do emprego, así como a necesidade de fomentar a sensibilización, visibilización e a participación na cultura, no deporte e nos medios de comunicación.

Tamén se solicita a creación dun plan de inclusión social que "loite contra o estigma e a discriminación" das persoas trans, ademais de que se dote dun réxime sancionador á Lei Galega de Identidade de Xénero.

"Non temos que mendigar, é dereitos inalienables", proclamou a activista Laura Bugallo, quen tamén criticou que o PPdeG e o PSOE non apoiaran estas 10 medidas.

Pola súa parte, Paris, de TransForma Unión trans, denunciou o "trato indigno" que a presidenta desta asociación, Sara Torreiro, recibiu por parte o PPdeG. É máis, defendeu que "non se pode ignorar, humillar e acantoar" os representantes do coelctivo LGTBI en Galicia.