“En Marea vén gobernar, non a estar na oposición"

Ourense. 18-09-2016. Entrevista a Luis Villares. paz
photo_camera Luís Villares nun momento da conversa celebrada en Ourense.

Luís Villares licenciouse en Dereito, aprobou as oposicións a xuíz e deu paso para encabezar a candidatura de En Marea á Xunta dende a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Asegura que le gustaría "que nos recordasen por querer construír un país máis xusto"

O rapaz dun viaxante de material eléctrico  dunha auxiliar de enfermería –"fillo de currantes"– ten un fondo compromiso social dende a época de estudante. Luís Villares (Lugo, 1978) licenciouse en Dereito, aprobou as oposicións a xuíz e deu paso para encabezar a candidatura de En Marea á Xunta dende a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Antes tamén exercera na Audiencia Nacional, no País Vasco e en Lugo. Ademais é gaiteiro. 

Logo do que me acaba de dicir, que fai un xuíz como vostede nun sitio como este?

É unha cuestión de compromiso. É coherente coa miña vida. Sempre estiven metido en leas na defensa dos dereitos sociais, xa dende o Instituto e na carreira. Logo militei en Xuíces para a Democracia. Pareceume que este era o momento de dar o paso porque vía inxustizas que as sentenzas non podían resolver. Non sempre o dereito é xusto; entón é necesario cambiar as leis e a forma que temos de facelo é no Parlamento e gobernando mellor. Agora formo parte dun proxecto colectivo como En Marea que aposta forte pola xustiza social e polos dereitos nacionais de Galicia. Pareceume que este era o sitio. 

Din que o PP estaba revisando as súas sentenzas. Que poden atopar?

Iso escoitei. A min agrádame por dúas razóns: primeiro, porque están dando traballo á xente, o cal sempre é positivo porque Feijóo nos deixa un país cheo de paro; e en segundo lugar, porque seguramente máis dun aprenda algo de Dereito. As sentenzas xustifícanse por si solas, co cal eu non teño que defendelas. 

É máis duro ditar unha sentenza ou convencer a alguén para que o vote?

(Rise) Son guerras diferentes. Ditar unha sentenza sempre é difícil porque decidir sobre a vida da xente é duro porque hai ocasións nas que descubrir a verdade non é fácil e hai normas que son moi mellorables. Convencer á xente? Dicía Einstein que era máis doado romper o núcleo dun átomo que acabar cos prexuízos da xente. Hai prexuízos que son difíciles combater e hai inercias sociais que leva tempo superar. O proxecto de En Marea precisamente busca iso: ofrecer unha alternativa solvente, crible, honesta... Somos un partido que vén gobernar, non temos vocación de estar na oposición. Temos vocación de estar no goberno. 

Cre que chegou tarde á campaña?

Non é que eu chegara tarde, o que pasa é que en canto Feijóo viu que En Marea se posicionaba como organización política adiantou as eleccións. Non é que nós cheguemos tarde, é que eles chegaron demasiado cedo. Por que? Porque viron que En Marea como proxecto político ameazaba a súa hexemonía como imos demostrar o día 25. O mesmo Feijóo dixo que as eleccións ían ser en outubro e adiantounas a setembro. Iso denota medo. 

Onde estaría En Marea nas enquisas se chegan a pechar a candidatura antes ou se Feijóo non adianta as eleccións?

Evidentemente canto máis tempo teñas para darte a coñecer como proxecto e como candidato moito mellor. Eles sabían que xogaban con esa vantaxe, sabían que En Marea representaba unha candidatura honesta, crible, solvente e tiñan que facer o posible e o imposible por invisivilizar ao candidato e ao partido. A única maneira que tiñan era acurtar os tempos. Nós cremos que aínda así, o día 25 imos dar un resultado espectacular porque somos moitos máis que as mareas municipais, somos un proxecto integral. Temos unha hexemonía social que confiamos en converter en hexemonía política. 

É optimista, pero hai moita xente que cre que están a pelexar co PSOE polo segundo posto.

Nós non nos diriximos ao PSOE para nada na campaña, estamos pelexando co PP por ser os primeiros. Non nos confundimos de adversario e o dixen dende o primeiro día que entrei na política. Nós garantimos un goberno alternativo ás políticas de sufrimento do PP. Fíxese se somos honestos, decentes e temos as cousas claras. O primeiro é parar as políticas de sufrimento do PP. É unha irresponsabilidade no Estado español que as forzas políticas que podían deter as políticas de sufrimento causadas por Rajoy non o fixeran. Nós somos diferentes e marcamos diferenzas con outras forzas de ámbito estatal. 

Xa que saca o tema, ten a sensación de que o BNG equivócase de adversario ao Ourense. 18-09-2016. Entrevista a Luis Villares. pazrecriminarlles a súa dependencia estatal por ir na confluencia con Podemos?

En Marea é un proxecto político galego. Nós non somos unha coalición, dentro non temos partidos políticos, xa que aquí todo o mundo está a título individual. Os que non estean ben informados do que é En Marea que se informen. 

Di Feijóo que sería perigoso un goberno de coalición.

Sería perigoso porque destapariamos os casos de corrupción que aínda están ocultos. 
 
Falouse de que vostede centraba a campaña no rural como crítica. 

Iso é un descoñecemento profundo do país por parte de quen fai a crítica. Eu dixen que En Marea está comprometida cun proxecto de construción nacional que significa ter en conta a todo o país porque todos os cidadáns debemos ter os mesmos dereitos independentemente de onde veñamos. Se hai alguén que defenda a insolidariedade, que o diga. Eu son de Lugo e en Ourense, que é onde estamos hoxe, é un discurso que cobra especial forza e nós estamos orgullosos do interior do noso país. Por iso estamos seguros de que imos sacar moi bos resultados tanto en Ourense como en Lugo. O noso proxecto de país é integral. 

Ata o de agora deu a sensación de que vostede pelexaba só, sen o apoio dos alcaldes rebeldes. Son claves estes días para convencer ao votante urbano con Pablo Iglesias, Errejón, Ada Colau, os alcaldes...? 

Iso responde a unha estratexia. Os actos de campaña ate o de agora estaban afastados das cidades e os alcaldes xa entraron plenamente en campaña. Ao principio tamén había que centrar a mensaxe en min porque había que darme a coñecer. Unha vez que todo iso xa está feito chega a recta final cunha fase na que xa todo o mundo participa dunha maneira coral e coordinada na escea pública. 

Será un presidente rebelde?

Serei un presidente honesto e responsable coa cidadanía. 

Quen vai quedar por diante, o PSOE ou En Marea?

Nós. 

Contará co apoio do PSOE?

Si. 

Ourense. 18-09-2016. Entrevista a Luis Villares. pazO BNG tamén dixo que por eles non haberá atrancos. 

Eu creo que non vai haber ningún problema para entendernos porque a diferenza doutras susceptibilidades que haxa na política do Estado, na política galega todo o mundo ten claro en que consistiu a política de recortes e de sufrimento de Feijóo. 

Está satisfeito coa súa intervención no debate da pasada semana ou pecou de inexperto?

Eu estaba nervioso ao principio porque era meu primeiro debate pero iso é coherente co que eu son e co que é En Marea. Non somos políticos profesionais e como non somos profesionais da política tamén se nos nota nalgúns momentos. Noutro debate xa fun sen papeis (rise).

Non mete un pouco de medo afastar a Beiras da candidatura?

É unha gran honra poder seguir co legado dun Beiras que iluminou e ilumina a política galega. Son fillo do proxecto político de Beiras.

“Gustaríame que nos recordasen por querer construír un país máis xusto"

En que mellorará Galicia se vostedes gobernan?

Pois faremos unha limpeza democrática total. Nós si imos levantar alfombras e vaise saber todo o que se fixo ata o de agora. En segundo lugar, imos acabar coas políticas de recortes e de sufrimento. A nosa primeira medida será un decreto de garantías sociais mínimas para asegurar a fin dos desafiuzamentos. Segue habendo 39 desafiuzamentos ao mes en Galicia. Imos acabar coa pobreza material severa. Hai 600.000 persoas en risco de exclusión e 30.000 en situación de pobreza material severa, que non teñen que levar á mesa. E queremos acabar tamén coa pobreza enerxética. Imos cara o inverno, e en Ourense como en Lugo e en todo país hai xente que pasa frío cando compañías multinacionais cortan sen rubor a luz sen que os gobernos interveñan para garantir un mínimo de benestar. Honestidade e política social son as nosas guías. Gustaríame que En Marea sexa recordado por un Goberno que intentou construír un país máis xusto, que é o noso lema de campaña, pero realmente é o noso ADN. 

E Ourense?

Nós cremos que é necesario repensar o país na súa totalidade, reestruturar os servizos para asegurar o acceso a uns bens sociais mínimos en todo o territorio. Cando falamos de comarcalizar servizos, e no rural é importante, falamos de asegurar que en todas as comarcas teñan nunha distancia razoable e nun tempo razoable a servizos sanitarios, educativos e asistenciais básicos. Faremos unha política de emprego de carácter comarcal para asegurar unha dinamización económica por comarcas.

En Ourense temos un área urbana e rurais nunhas comarcas que están absolutamente desvertebradas. Imos asegurar servizos, deter o peche de escolas, acabar coa precarización dos servizos sanitarios, facer política activas de emprego potenciando os puntos fortes de cada comarca. Estableceremos liñas de autobuses cun novo plan xeral de mobilidade. Unha das nosas reivindicacións é asumir as competencias en materia de cercanías para crear unha compañía de ferrocarril galega que aproveite as vías non só para o transporte para fóra de Galicia. O AVE  pode cumprir unha función pero as cercanías cumpren outra. Sabemos que hai cousas que non se van facer no curto prazo pero hai que polo menos pensalas. Se non se planifican non se pode facer un gasto coherente. 

E se non cae Feijóo, de quen é a culpa ou a quen lla botamos?

Como o pobo nunca se equivoca sabemos que Feijóo caerá o día 25.

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S