SEGURIDAD

120 voluntarios velarán pola seguridade na festa de Verín

<p></p>
photo_camera Os cigarróns escoitan á raíña na pasada edición da noite de Comadres del Entroido de Verín.

A Axencia Galega de Emerxencias disporá dun mando único na celebración da noite das mulleres

A principal novidade que presenta o plan de autoprotección presentado polo Concello de Verín para as vindeiras datas do Entroido céntrase na chea de efectivos de Protección Civil e Cruz Vermella que de xeito desinteresado se darán cita dende o primeiro estourido dos festexos na vila verinense. Nesta edición serán uns 120 voluntarios en total, proporcionados por ambas as dúas entidades, que reforzarán ós efectivos que tanto en seguridade como en emerxencias estarán tamén ó dispor dos asistentes.

Protección Civil de Verín recibirá apoio dos seus homólogos de A Gudiña e Lobios, amáis da colaboración que prestará a Cruz Vermella da asamblea local de Monterrei. Todos os efectivos, en Comadres, estarán coordinados dende o posto de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, que estará situado na praza García Barbón e que disporá dun equipo de videograbación de seguridade.

PLAN DE MOBILIDADE

Dentro do plan de autoprotección presentado, inclúese tamén un de mobilidade, que aborda aspectos como o medio ambiente, a seguridade viaria ou mesmo o uso de vehículos pesados. É por iso que, tamén como novidade nesta edición, unha das fundamentais recomendacións do documento é a sinalización dos diferentes estacionamentos disuasorios postos en marcha en distintos puntos da vila, para que todos os que se acheguen fagan uso deles e accedan ós principais núcleos da festa a pé.

Os vehículos de grandes dimensións e de mercadorías perigosas non poderán entrar ó centro urbano da vila por onde transite o desfile infantil do Xoves de Comadres, tentando así evitar que poidan quedar atrapados no transcurso do mesmo. E aqueles de máis de 3,5 toneladas disporán tamén de rutas alternativas todos eses días.

Abre de xeito oficial a tenda 

Dende onte quedou oficialmente aberta a tenda do Entroido verinense, situada como xa vén sendo habitual nos últimos anos da festa na praza García Barbón. Con ela, perséguese recadar fondos para financiar os festexos da vila nestas datas. 

Aqueles que desexen facerse cun produto promocional deberán acudir entre las 12 e as 14 horas pola mañá, e dende as 17 ás 21 horas, en horario de tarde. Os prezos quedan fixados do seguinte xeito: as sudadeiras terán o custe máis caro, 16 euros; as camisolas costarán a metade, 8; bragas para o pescozo, 4; pano, 3; cuncas, a 6 euros e as chapas costarán só un. 

Todas levarán o emblema identificativo do Entroido de Verín deste 2018. 

Te puede interesar