La mázcara revive su danza en Manzaneda

San Cibrao das Viñas. 02-02-16. Local. Foto ao artesán Daniel de Mázcaras de Manzaneda.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Daniel Domínguez, co traxe de Mázcara, propia do Entroido de Manzaneda.

A danza das mázcaras ante o fulión distingue ao Entroido de Manzaneda de calquera outro de Galicia. Estes personaxes levan no sangue xirar facendo soar as chocas ao compas dos bombos, nunha sinfonía pastoril de cores e sons.

O imán que entrega hoxe La Región recolle o disfraz da Mázcara, de Manzaneda. Os pobos daquela zona da provincia viven con pasión o Entroido, unha festa que algúns investigadores remontan á antigüedade. Nestas terras altas, de montaña, o protagonismo recae sobre a Mázcara, uns persoeiros que danzan diante do fulión (tamén chamado folión, en Viana e Vilariño de Conso). Daniel Domínguez Losada admite que se nace co espírito de mázcara. "O levamos nas veas. Para nós, non existe a palabra ensaiar; empezan a soar os bombos e xa está. O complicado é dar voltas ao seu ritmo. A clave está en compenetrarse co toque do bombo", explicou.

Os boteiros corren e saltan sin ter en conta o ritmo dos folións que preceden. Esta situación non se da co fulión de Manzaneda. Aquí, os protagonistas do Entroido necesitan o ritmo dos bombos e da xente tocando para bailar.

Mázcaras y fulións comezaron a saír o 8 de xaneiro. Desde ea data, as noites dos venres e sábados saen tres ou catro mázcaras como mínimo. "O máis bonito é chegar a un pobo, pedir permiso e que os veciños saquen o mellor que teñen na casa, como chourizos ou galletas. Consiste niso", di Daniel.

O historiador Xoaquín Lorenzo "Xocas" relacionou a danza das mázcaras de Manzaneda, precedendo os fulións, cunha temática pastoril, unha tesis que comparte Daniel Domínguez. Este engadiu que, debido ao colorido do traxe, hai quen relaciona estes personaxes coa proximidade da primaveira.
O traxe é moi distinto aos dos veciños boteiros de Viana e Vilariño de conso. O seu precio e moi difícil de calcular debido á dificultade que entraña atopar certas pezas, como as chocallas ou chocas, e os leguis "legues" -que antes se usaban para montar a cabalo. "Normalmente, os legues son herdados", explicou Domínguez Losada.

Engadiu que, na actualidade, aínda pódense conseguir chocallas novas; nembargantes, o seu son non é nin semellante ao das de antes. "Hai xente que non vende as chocallas por nada do mundo", dixo. Algunhas mázcaras levan caretas, mais tamén as hai que van coa cara descuberta ou que levan un sinxelo anteface. Ir vestido dun ou doutro xeito depende, na maioría dos casos, do pobo ao que pertence o fulión. Eso si, antes, todas acostumaban a levar unha careta de cores chamativos, como verde ou negro. Ocultaban a cara con elas para meter medo e correr detrás dos rapaces.n

Te puede interesar