Número dous do BNG por Ourense para o Congreso

SUSANA GARCÍA: 'Da cidade quédome co monte ledo, porque me lembra ás épocas da miña xuventude'

Susana García na sede do BNG
Susana García á a segunda candidata dos nacionalistas para o Congreso dos Deputados.
De verdade cre na política?
Si, creo que tal e como está organizado o mundo onde vivimos, nun sistema democrático, é a maneira máis inmediata de poder facer cambios.

Por que o BNG?
Porque me identifico co seu ideario. Son nacionalista e de esquerdas, que é o que defende o partido.

Hoxe é funcionaria da Xunta. Como recorda a época de estudio para a praza?
En realidade ía para Secundaria. O que pasa é que no medio dun parón de oposicións, presenteime a estas de auxiliar administrativa e aprobei.

En que lle gusta pasar o seu tempo libre?
Pois o que teño gústame gastalo coa miña familia. En canto a aficións, o que máis me interesa é a lectura.

Que rincón escollería da cidade e da provincia?
Agora que estamos en época de magostos, quedaríame co monte Ledo, porque me lembra as épocas de xuventude. Na provincia escollería as zonas de Cea ou Maside.

Ten alí as orixes familiares?
Si. A miña nai é de Cea e o meu pai, de Maside. Eu xa nacín en Ourense.

Que quería ser de pequena?
O primeiro que recordo é que quería ser mestra. A verdade é que despois fun por esa vía. Ademais, recordo que o que me interesaba eran as linguas e a literatura, que foi no que despois me acabei especializando. Despois coincidiu doutro xeito a cousa, pero o primeiro que recordo que quería ser era iso.

En que idioma pensa?
En galego. Fáloo habitualmente, pero son capaz de manter unha conversa en portugués, en francés, en italiano e en castelán, por suposto. Agora estou aprendendo inglés.

Beiras ou Quintana?
Non me gustaría escoller, porque cada un ten os seus valores.

Te puede interesar