ENTREVISTA

José Antonio Fernández: "En Galicia medra a cultura da planta"

20180425_172832_result
photo_camera José Antonio Fernández, propietario de Viveros Alecrín.

É un dos propietarios de Viveros Alecrín, unha empresa que segue a facer novos investimentos e que está apostando por desestacionalizar o sector da flor e da planta. Actividades lúdicas e culturais ao longo de todo o ano son algunhas das motivacións para atraer público. Trátase de convertir a compra “nunha experiencia”, como sinala o propietario

É o seu empeño que a empresa aporte novos servizos? 

Bueno, como servizo incorporamos o das mascotas, porque acabamos de incorporar unha tenda nesta actividade, pero sobre todo o que destacaría é que renovamos toda a parte exterior dos viveiros. A nosa idea é aportar un espacio de recreo, coas características dun xardín pero coa particularidade de que se vende todo o que se ve. É un sitio paseable, estético, relaxante para que os clientes se atopen a gusto. 

É unha consecuencia do crecemento natural da empresa?  

Sí, pero supón tamén unha ilusión que tiñamos na empresa. Sempre o tivemos moi claro e nos pareceu que era un camiño para completar a calidade dos servizos que prestamos. 

É historia a venda de plantas sin outros atractivos engadidos?  

Está claro que ese é o camiño, pero tamén se toma por supervivencia porque este é un negocio moi estacional, moi centrado na primavera e había que dar unha alternativa para as épocas sin actividade, como outono e primavera. Pensando neso puxemos as áreas de mascotas ou decoración para buscar polos de atracción. 

Eso consegue un alto nivel de actividade durante todo o ano?  

Sí, aínda que non é comparable á primavera, pero vamos tendo actividade con ese tipo de incorporacións. 

Quen ven entonces fóra da estación forte das plantas?  

Pois sobre todo aquel que está enamorado do seu xardin, o que todo o ano quere ter un espacio agradable, que non compra por impulso, que vive o xardín todo o ano. 

Onde capta clientes Viveros Alecrin?  

Principalmente no entorno onde estamos pero cada vez ven máis xente de fóra. Algo faríamos ben e temos clientes de Crecente, Arbo, Ponteareas, Porriño ou Vigo. Tamén de León ou O Barco de Valdeorras.  Hoxe as distancias son pequenas e eso contribúe. Tamén axuda ter unha importante carteira de servizos que ofrecer. Ademáis de venda de plantas, temos servizos de paisaxismo, de deseño e creación de xardíns, piscinas, estanques, infraestructuras agrícolas e todo o que sexa relacionado co exterior. 

Non é este xa un mercado no que o cliente ten moita información?  

Sin dúbida porque a xente infórmase cada vez máis e Internet axudou moito. Pero tamén porque moita xente nova accede á vivenda unifamiliar e aposta polo xardín, máis que pola horta. Hoxe ese espacio é xa moi pequeno e o que a maioría quere é un espacio de xardín, a súa piscina e un espacio de recreo. 

Xa é dificil que unha empresa como esta viva da venda de productos para a agricultura?  

É dificil, pero xa é outro mercado diferente ó noso. Hoxe hai moitas tendas agro pero ese non é o noso mercado. Nós decidimos desmarcanos deses produtos porque o noso camiño é outro, é o cliente particular máis que o agricultor profesional. Tivemos tenda agrícola no seu tempo pero decidimos apostar por outra liña de produtos. 

De donde se surte a empresa?  

Si podemos, compramos en Galicia. O que pasa que o tipo de pranta que temos, a pranta ácida, non sempre a temos en Galicia. A zona do Levante, Almería, Alicante e Murcia son outras zonas onde compramos a pranta. Pero, tamén compramos moito en Holanda, sobre todo algún tipo de especies moi visuais ou con características especiais. Pero, os artículos de decoración, tamén en Francia e outros países. De Holanda traemos un 35% de mercancía, entre decoración, plantas e flores. Moitas veces o que eles fan é comprar o produto e o comercializan. Hai mercancía que vai de España para Holanda, alí se transforma, se reetiqueta e volve para España. 

Temos que aprender moito de países como Holanda da cultura da planta?  

Eles fixeron da planta e da flor unha industria. A súa economía baséase na planta, na flor e nos lácteos e lograron un alto grado de especialización e recoñecemento mundial, pero non creo que teñamos moito que aprender. Eles sobre todo cimentaron unha cultura. Por exemplo, aquí cando imos invitados a cear á casa de alguén levamos unha botella de viño, eles levan unha planta ou unhas flores. Cada casa ten o seu xardín e mesmo compiten sobre quen ten o mellor xardin do vecindario. Ainda que unicamente teñan 30 metros cadrados de xardín, téñeno moi cuidado. 

Medrará esa cultura aquí?  

Eu creo que si, polo menos eu vexo esa tendencia. Cada vez máis se está vendo que o exterior tira, que ten moita importancia. En Galicia, en planta como camelia, azalea, rododendro e outras especies temos moi bos produtores e estamos exportando para moitos países. Estanse facendo as cousas moi ben. 

De cara ó futuro, que actividades lle gustaría seguir desenvolvendo para a empresa?  

Acabamos de facer uns investimentos e o que temos é que consolidar o crecemento. Temos que ir adaptándonos ás novas tendencias, facer que isto sexa cada vez máis un centro de ocio, no que hai que vir a pasalo ben ademáis de vir a comprar. Creo que estas cousas están logradas e agora hai que desenvolver actividades para darlle forma a este envoltorio. Hoxe a compra, para que sexa visual teslle que dar un valor engadido porque senón a xente compra por internet e teno facilísimo. 

Te puede interesar