ENTREVISTA

"Hai un grave problema de intrusismo"

apeta_result

Alberto Vila é o xerente da Asociación Empresarial de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor), a maioritaria no sector. Os transportistas están despertando dunha especie de soño que lle permitía crer que a crise quedaba atrás. 

Os transportistas están despertando dunha especie de soño que lle permitía crer que a crise quedaba atrás. Recuperación dos pedidos de carga e baixos prezos dos combustibles axudaron a un incremento da actividade. Pero agora eses valores están en revisión. Para colmo, medra a competencia desleal de empresas doutros países.

¿Como pechou o sector do transporte o ano 2016?  

O balance ten que ser bastante prudente porque si ben a crise dos anos 2008 a 2013 foi moi forte e obrigou a facer unha reestructuración moi forte do sector, con peche de moitas empresas, o último exercicio non está sendo tan bo como o do 2015. Non sabemos si tivo que ver o ano de interinidade no goberno porque se paralizaron moitas das actividades, pero tamén creo que pode haber algún outro factor que afectase. O que si é certo é que o 2015 o sector medrou un 6% pero sospeito que ese indicador non se vai poder manter. 

Polo tanto falamos dun corte na expectativa de recuperación do transporte. 

Bueno, estamos un pouco á expectativa do Observatorio do Transporte do Ministerio de Fomento, pero desde logo estamos un pouco preocupados porque o sector ata agora foi sobrevivindo, entre outras cousas, o prezo do gasoil permitíuno, con prezos en torno a un euro o litro pero agora xa está bastante máis caro. Esto preocupa porque os transportistas acusaban falta de retorno económico, menos carga de traballo e vamos a ver como se desenvolve agora este ano. 

¿Eso supón unha volta ao pesimismo, presaxio da permanencia na crise?  

Non é pesimismo, é falta de traballo. Cando hai traballo a xente está máis tranquila e cando non o hai tende a queixarse máis. Os meses de xaneiro e febreiro son complicados porque realmente o transporte actívase a partir da primavera, pero de momento as estimacións de como arranca o ano non son optimistas, sobre todo pola escalada de prezos do carburante. Ademáis no comenzo do ano prodúcese a actualización de tarifas e o preocupante é ver como se pode asumir ese sobrecuste. Hai que pensar que quince céntimos de incremento no prezo do gasoil nun trailer supón un incremento dun cinco por cento en custes. Polo tanto, repercutir iso nas tarifas tamén é delicado porque o mercado está moi difícil. 

¿Están as empresas que contratan transporte dispostas a asumir ese novo custe?  

Efectivamente a marxe de negociación nun mercado como o transporte é moi pequena. ¿Que lle decimos nós aos transportistas? Que teñen que ser profesionais, que non solo teñen que avaliar os seus custes sinon falalos cos seus clientes. Tamén entendemos que por parte dos clientes ten que haber unha comprensión porque si queren garantizar a mesma calidade e profesionalidade no servizo hai que actualizar esas tarifas para non estrangular o sector. O ano pasado xa houbo unha actualización de tarifas, pero á baixa precisamente pola baixada nos prezos do carburante e esperemos que agora se produza un proceso á inversa porque sinon o sector queda estrangulado. 

A asociación ten denunciado a proliferación da competencia desleal, mesmo de camións que operaban en Galicia pero que viñan doutros países, sobre todo do leste de Europa. ¿Cómo está agora a situación?  

Nós seguimos con ise problema encima da mesa. O novo ministro de Fomento é coñecedor deste problema a través das asociacións de transportistas. Non pode ser que empresas que operan de forma permanente aquí tributen fraudulentamente fóra e as de aquí, que tributan e están ao día, teñan incapacidade de competir polos menores custes operativos dos transportistas doutros países. Fomento meteu no seu plan de inspección un apartado específico para a deslocalización e nós seguiremos pendentes a ver o que se fai porque o problema segue ahí. En Galicia xa levamos tempo percibindo camións portugueses e seguen operando. Hai casos de empresas con vehículos portugueses, con sede fiscal nese país pero que operan aquí. O único que pedimos é que o fagan dentro da legalidade, con arreglo á norma de aquí. Estamos permanentemente vixiando e denunciando á autoridade este casos para que se controlen. 

Ou sexa, tributan fora de España, con custes e salarios máis baixos e compiten en territorio español.  

Hai algo que son as normas sociolaborais españolas, hai algo que se chama salario mínimo, hai algo que se chama Seguridade Social e neutros países, mesmo Portugal, a situación e diferente. Un conductor que opera permanentemente en Galicia terá que cumprir xa non solo esas normas senón tamén as europeas e está claro que iso non se produce e nós estámolo denunciando.

Sempre que se fala de profesionalización dos sectores, sempre se fala de formación. ¿Como está esa asignatura para o transporte?  

Para nós a formación é algo vital e a profesionalización é clave para ser máis competitivos. Temos varios programas tanto para xente que se quere incorporar como para reciclaxe de conductores asalariados ou autónomos. Fórmanse en actividades auxiliares como carga, descarga, almacenaxe, etc. Temos tamén programas de formación para parados menores de 35 anos en varias actividades e, en definitiva, seguimos apostando porque a formación é algo vital.

Te puede interesar