INICIATIVAS EMPRESARIAIS

“Ourense activa”, unha fiestra para o emprego

fxc
photo_camera Juan Pablo Riesgo, Secretario de Estado de Empleo, e Jorge Pumar, concelleiro de Promoción Económica, nunha das súas xuntanzas.

O plan que desenvolve o Concello “é unha gran oportunidade” para a formación e a empregabilidade, salienta o concelleiro Jorge Pumar

O Concello de Ourense ven de acadar máis dun millón de euros de fondos europeos para o desenvolvemento do proxecto “Ourense activa”, destinado a fomentar o emprego entre a mocidade ourensá. O proxecto presentado polo Concello, desde a Concellería de Promoción Económica, Recursos europeos e Formación ocupacional ven de ser seleccionado na convocatoria a nivel estatal realizada pola Ministerio de Presidencia e Administracións Territoriais.  

O concelleiro deste departamento, Jorge Pumar, salienta que “é unha gran noticia para Ourense que o Ministerio de Presidencia aprobase o noso plan de emprego xuvenil”. Sostiene Pumar que este “é un dos obxectivos primordiales, a xeración de emprego e mellorar a empregabilidade dos nosos xoves”. O concelleiro do goberno local engade que é unha “unha oportunidade” para as 1.580 persoas menores de 30 anos que na cidade están en situación de desemprego. A través do programa “Ourense activa”  poderán durante 18 meses “formarse en diferentes itinerarios formativos con gran demanda laboral, ademáis de poder obter uns ingresos mensuais”, destaca Jorge Pumar.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez destaca que a aprobación de “Ourense activa” supón “un importante paso adiante nun reto fundamental: a promoción do emprego da cidade, seguindo a folla de ruta que persigue este goberno municipal, dando resposta ás necesidade da cidadanía deseñando proxectos viables e acadando a colaboración e implicación económica de todas as administracións”.

O  Boletín oficial do Estado recolle na súa edición do día 20 de xullo a resolución de aprobación, por parte da Dirección General de Relaciones con las Comunidades Autónomas y Entes Locales, dependente do Ministerio de Presidencia e Administracións Territoriais, da convocatoria 2017 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Empleo Juvenil (Axudas AP-POEJ), destinadas á integración sostible de persoas xóvenes no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Juvenil.

Nesta resolución apróbase o proxecto “Ourense activa”, presentado polo Concello de Ourense, que ao longo de 18 meses dará formación a un total de 180 menores de 30 anos.

As persoas participantes poderán formarse nalgún dos 7 itinerarios formativos a impartir e que serán complementados con formación transversal. Ademáis, percibirán remuneración económica. O orzamento total do proxecto ascende a 1.195.740,00 euros, dos cales 1.098.765,49 euros (91,89 %) correspondería ao Fondo Social Europeo e 96.974,52 euros (8,11 %) ao Concello.

O alcalde, Jesús Vázquez, pon en valor o traballo realizado pola Concellería de Promoción Económica, dirixida por Jorge Pumar, que presentou este proxecto á convocatoria estatal “en tempo récord”, acadando para a cidade “recursos fundamentais para reforzar a promoción do emprego na cidade e de xeito específico entre o sector da mocidade, algo fundamental para este goberno municipal”.

Te puede interesar