INICIATIVAS EMPRESARIAIS

“Ourense emprega” facilita o acceso ao mercado laboral

photo_camera Acto de presentación de la nueva Lanzadera de Empleo que se iniciará en noviembre.

As personas desempregadas da cidade terán a súa disposición unha nova iniciativa para achegarse ao mercado laboral. O Concello de Ourense porá en marcha un programa específico para dar cobertura durante un año a 60 persoas desempregadas garantindo que un tercio delas terán acceso a un posto de traballo.

O Concello de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, acaba de anunciar a posta en marcha dun programa integrado de emprego e formación denominado “Ourense Emprega”. Esta proposta que pretende facilitar o acceso ó mercado laboral vai dirixida a persoas demandantes de emprego na cidade. Segundo a información que fai pública o Concello de Ourense, esta iniciativa dará cobertura, durante un ano, a 60 persoas desempregadas cun obxectivo de inserción laboral do 35%, garantindo que 21 persoas atopen traballo. 
Para o responsable da área de Emprego do Concello de Ourense, Jorge Pumar, o programa supón “unha oportunidade para aquelas persoas que desexen obter unha cualificación profesional e, ao mesmo tempo, integrarse no mercado laboral”.

O obxectivo deste programa que se pon en marcha é o de fomentar a empregabilidade de persoas perceptoras de prestacións e subsidios que pertenzan a colectivos vulnerables, como son os de desempregados con discapacidade, en risco de exclusión social (incluídas perceptoras de Risga), mulleres desempregadas vítima de violencia domestica, menores de 30 anos desempregados de baixa cualificación e desempregados de longa duración. 

No desenvolvemento do mesmo, buscarase capacitar mediante certificación  profesional nos seguintes eidos: curso de vixiante de seguridade; operacións básicas de cociña; atención socio sanitaria a persoas en domicilio; e condutor de vehículos clases C1-C (camión).

Ourense Emprega será xestionado polo Concello, e vén subvencionado pola Consellería de Economía. Emprego e Industria co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas participantes. Terá un custe de 130.532,49 euros, dos que 104.426 euros serán achegados pola Xunta.
Esta iniciativa está relacionada cos sucesivos proxectos que a institución local ten posto en marcha para facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas que teñen especiales dificultades para conseguilo.
As persoas interesadas en formar parte deste proxecto atoparán toda a información sorbe o Ourense Emprega no Centro de Iniciativas Empresariais (Cie) da rúa Padre Feijóo, 1. Os únicos requisitos son estar empadroado na cidade de Ourense, estar inscritas como demandante nas oficinas de emprego e acreditar a pertenza aos colectivos anteriormente descritos.

Te puede interesar