INICIATIVAS INSTITUCIONAIS

Ourense innova co proxecto Geoatlantic

A iniciativa, impulsada polo Concello de Ourense, procura a transición enerxética a través dos recursos xeotérmicos locais

Presentación del proyecto Geoatlántic en el campus de Ourense
Presentación del proyecto Geoatlántic en el campus de Ourense
Ourense innova co proxecto Geoatlantic

O salón de actos Marie Curie, no edificio Politécnico do Campus de Ourense, acolleu a presentación do proxecto de cooperación territorial  Geoatlantic. O proxecto explora formas de cooperación no marco da Europa Atlántica para crear as condicións que favorezan a transición enerxética a través dos recursos xeotérmicos locais. “Buscamos un Ourense sustentable, unha cidade capaz de aproveitar os seus recursos e de situarse como pioneira e un modelo a seguir internacional no campo da xeotermia”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación.

O proxecto Geoatlantic ten como obxectivo xeral poñer en marcha solucións para responder aos desafíos rexionais no ámbito da innovación, a eficiencia dos recursos, o medio natural e os bens culturais, co apoio ao desenvolvemento rexional e o crecemento sustentable. No que corresponde á parte que promove o Concello de Ourense, explicado polo concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, ten unha duración de 36 meses e conta cun orzamento de 2.870.000 euros, dos que o 75% estaría subvencionado polo FEDER. 

Enmárcase dentro do Programa Espacio Atlántico, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europeo (FEDER) da UE, e subvenciona propostas de cooperación entre distintas organizacións das rexións da costa atlántica de Europa en determinados eixos temáticos prioritarios. Asistiron á presentación representantes institucionais do Concello de Ourense, da Xunta de Galicia, do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e da Universidade de Vigo.
 
Relatorios 
Na xornada de presentacvión tiveron lugar varios relatorios. Un deles levaba por título  “Loita contra o cambio climático: sustentabilidade e eficiencia dos recursos”, da man de Susana Bayo, líder climática da fundación The Climate Reality Project Spain e representante en Galicia. Tras unha pausa, deuse paso ao relatorio “Potenciando os recursos xeotérmicos locais no novo modelo xeográfico”, a cargo de Belén Sío, directora xeral de Acluxega (Asociación Clúster da Xeotermia en Galicia).

Tamén houbo unha mesa redonda titulada “Cooperación e enfoque multidimensional na utilización das renovables nas cidades do Espazo Atlántico” na que interviron representantes da Agence Locale de l’Energie et du Climat (Francia), o Instituto de Inovação Tecnológica dos Açores (Portugal) e a European Heat Pump Association. 

Neste proxecto participan sete entidades de distintos países europeos: España, Portugal, Reino unido, Francia, Irlanda e a Asociación Europea de Bombas de Calor, así como entidades asociadas de Portugal (a Secretaría Regional de Energia , Ambiente e Turismo de Açores, a Câmara Municipal de Ribeira Grande de Açores e a Câmara Municipal de Povoação de Açores) e  16 a 20 horas.