iniciativas empresariais

Ourense, un referente na enerxía xeotérmica

Ourense. 19-04-17. Local. Visita e firma de convenio do Ministro de Enerxía, Álvaro Nadal, no concello de Ourense.
Álvaro Nadal proba a temperatura da auga das Burgas.
Foto: Xesús Fariñas

O proxecto GEOAtlantic, do que o Concello de Ourense é promotor, terá un orzamento de 2.870.000 euros

O Comité de Seguimento do Programa de Cooperación Europea Espacio Atlántico ven de aprobar o Proxecto GEOAtlantic do que o Concello de Ourense é promotor. Esta proposta do Proxecto GEOAtlantic foi presentada inicialmente polo Concello de Ourense en maio de 2016, sendo seleccionada en agosto dese ano para poder presentar a proposta íntegra do proxecto nunha segunda fase. 

Esta fase resolveuse no comité que tivo lugar en Oporto o 4 e 5 de maio, sendo aprobada xunto con outras 44 propostas de proxectos de todo Europa, dun total de 425 presentadas inicialmente na primeira fase.  

Este proxecto  ten unha duración de 36 meses e conta cun orzamento entorno aos 2.870.000 € dos que o 75% estaría subvencionado polo FEDER. Enmárcase dentro do Programa Espacio Atlántico. Programa que está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europeo (FEDER) da UE e subvenciona propostas de cooperación entre distintas organizacións das rexións da costa atlántica de Europa en determinados eixos temáticos prioritarios. 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinala que  “seguimos dando pasos firmes para situar a Ourense como referente único e á vangarda internacional  da eficiencia e sustentabilidade enerxética, aproveitando os nosos recursos propios e que nos identifican como cidade. A este proxecto ambicioso, innovador que conta co visto bo do IDAE (Instituto para a diversificación e aforro da enerxía), lle engadimos que  o Goberno Galego desenvolverá en Ourense o primeiro “Ecobarrio” de España,  radicado no barrio de A Ponte que favorecerá o aforro enerxético de 20.000 veciños e de 35 edificios públicos”.

O concelleiro Jorge Pumar recalca que “estamos ante unha excelente noticia para Ourense, dende a Concellería de Promoción Económica levamos moito tempo traballando neste proxecto, que non foi doado, debido a súa innovación, especialización e competividade. Esta concesión reforza o traballo que vimos desenvolvendo na Concellería e anímanos a seguir presentando iniciativas deste tipo onde os principais beneficiarios sexan os cidadáns de Ourense”.

O proxecto que promove o Concello pretende estudar as posibilidades de desenvolvemento da enerxía xeotérmica no territorio como fonte de enerxía renovable e impulsar proxectos demostrativos da súa utilización. Se ben ata agora o uso se limitaba á actividade balnearia e ao uso puntual en instalaciones preténdese promover un uso más extensivo de este recurso, tanto para calefacción/ aire acondicionado como para producción de electricidade. 

No programa de traballo inclúese a realización dun análisis dos recursos xeotérmicos así como de boas prácticas e innovacións para a súa explotación, que inclúe a realización de visitas a experiencias de éxito. Tamén levarase a cabo un programa de accións informativas dirixidas a diferentes grupos: decisores políticos, consumidores y asociacións de veciños, empresas, profesionais, agricultores, etc. Actuarase tamén na transferencia de novas tecnoloxías ao mercado, poñendo en marcha servizos de apoio a emprendedores e pemes locais para impulsar proxectos empresariais relacionados coa xeotermia.

Te puede interesar