Entroido

As citas de Entroido na provincia para o domingo 26

Bande, Laza, Verín e Xinzo programan diversas actividades para o seu domingo de Entroido

XINZO DE LIMIA: Domingo de Entroido

11.30 h. Alborada a cargo da agrupación musical Limia

12-13 h. Chelos

13-14 h. BB+

14-15 h. DGT

PERCORRIDO A

18-19 h. Chelos

19-20 h. BB+

20-21 h. XL

21-22 h. DGT

22-23 h. Chelos

23-00 h. BB+

00.00-1 h. XL

1-2 h. Chelos

PERCORRIDO B

20.30-21.30 h. Chelos

21.30-22.30 h. BB+

22.30-23.30 h. XL

23.30-00.30 h. DGT

0.30-1.30 h. XITUMA

1.30-2.30 h. DGT

18.30-20 h. Primeiro pase orquestra 'De Moda'. Praza do Toural

20.30-22.00 h. Segundo pase orquestra 'De Moda'. Praza do Toural

VERÍN: Domingo Gordo

Charangas a primeira hora da mañá e desfile de comparasas e carrozas que se concentran no barrio de San Roque ata a súa saída.

12.00 h. Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas do Ayuntamiento de Verín, e das charangas. A xente xúntase na Praza García Barbón ó remate do desfile popular. Pola noite, orquestras e charangas.

LAZA: Domingo de Estrea

Pola mañá. Estrea dos Peliqueiros, á saída da Misa, saúdo dos Peliqueiros aos feligreses. Seguidamente, o reparto da bica do Peliqueiro na Praza da Picota. Pasarrúas a cargo das Charangas "Vaite Xa" e "Europa".

Pola tarde. Desfile de carrozas típicas e baile e verbena coas actuacións de Orquestra Panamá e Discomóbil 'A Gramola'.

BANDE

11.00 h. Ruta dos troteiros polas rúas de Bande, acompañados dos gaiteiros de Cadós dende a praza da Constitución.

13.15 h. Pregón a cargo de Xosé Antonio Touriñán.

14.30 h. I Cocido Don Pedro. (Venda anticipada nas Oficinas Municipais).

17.00 h. Desfile de Comparsas e carrozas coa actuación da Charanga  Os Bandiños. Premios para comparsas e carrozas.

18.00 h. Actuación dunha orquestra

Te puede interesar