PRÓXIMOS EVENTOS

Concierto de Quilt en el Torgal

La banda actuará el próximo miércoles, 26 de octubre a las 20,30 horas

A banda norteamericana Quilt traerá o próximo mércores a súa música ata a cidade de Ourense da man do ciclo American Autum SON Estrella Galicia.

Segundo apuntou a organización a través dun comunicado, a cita será o mércores ás 20,30 horas no Café & Pop Torgal e no concerto, a banda de Shane Butler e Anna Fox Rochinski presentarán o seu terceiro álbum de estudio, `Praza`.

A banda naceu mentres os seus compoñentes estudaban é a escola do Museo de Belas Artes de Boston, cando decidiron xuntarse para tocar música baseada no idealismo pop dos anos 60 e 70.

Co seu novo álbum `Praza`, Quilt reclama un lugar no cadro de honra a partir dun son "incriblemente vintage", con triplas harmonías que dan forma a "melodías formidables e aditivas, maxistral guitarra jangle e un esplendor psicodélico agrisado que non deslustra a visión creativa dos seus autores", apunta o SON Estrella Galicia.

Te puede interesar