FORO LA REGIÓN

Alfredo Conde: “En Galicia tamén hai corruptelas, mais isto non é Valencia"

<p></p>
photo_camera Aurelio Blanco Trincado y Alfredo Conde, durante la presentación de la novela "El Beato".

O escritor ofreceu unha lección de historia durante a presentación da súa novela "El Beato", no Multiusos de O Barco

A presentación da súa última novela "El Beato", unha fabulación en torno a vida do Beato Sebastián Aparició, permitiu ao escritor e tamén exconselleiro Alfredo Conde Cid (Allariz, 1945) saltar dos tempos da conquista de América á máis cruda actualidade. No Foro La Región, que onte se desenvolveu no salón de actos do Edificio Multiusos de O Barco e que presentou o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado, non faltaron as referencias á política galega. "Hai corruptelas, por suposto, mais isto non é Valencia. A inmensa maioría dos conselleiros non se enriqueceron. Volveron aos seus postos de traballo", dijo.

No debate xurdido na presentación de "El Beato", obra que foi galardoada co Premio Ateneo Ciudad de Valladolid 2015, Alfredo Conde descartou rotundamente volver á actividade política. "Fun conselleiro durante máis de dous anos e puiden volver hai tempo. Facer o esforzo que fixo o Goberno de Laxe e saír escaldado! Non compensa", dijo. En todo caso, do seu paso pola actividade pública non só quedan lembranzas desagradables. "De neno, meu pai aprendeume que Galicia merecía ter un parlamento e estou satisfeitísimo de haber sido parlamentario no primeiro Parlamento galego", comentou.

Falou da súa incorporación á vida política galega. Naqueles momentos, quenes tomaban esta decisión se repartían en dous grupos: os procedentes do Franquismo e os que aportaba a loita clandestina. Alfredo Conde enmarcouse neste último grupo: "Non ías defender intereses persoais". Despois, chegou a profesionalización da clase política. "Agora, se defenden os intereses xerais do partido; aos dos cidadáns que lles den morcillas", engadiu. Non tivo que buscar moito para argumentar esta afirmación. No debate a catro das Generales 2016, que emitiu a televisión e que asegurou ver entre enfado e enfado, botou de menos algunha referencia ás preocupacións da xente. "Ningún dos catro defendu un proxecto de país. Defenderon intereses de partido, non dos cidadáns", explicou.

Neste capítulo encaixa a súa preocupación pola emigración da mocidade. "Cantos miles de rapaces se van fóra a producir cos coñecementos que adquiriron aquí. As patentes as aproveitan noutros países", dixo, despois de lamentar: "Mariano Rajoy está convencido de que o está facendo ben".

O problema da emigración saiu a colación ao falar do Beato Sebastián Aparicio. O escritor fabulou sobre a vida de emigrante galego deste ourensán que fixo as Américas na novela "El Beato". Alfredo Conde resume o obxectivo que perseguiu con esta obra: "A novela é un intento de coñecer a realidade da emigración. É a vida dun emigrante galego que tratou con Hernán Cortés".

A narración describe como o protagonista, que é venerado en México nun equivalente ao san Cristóbal, patrón dos conductores españois. Ensinou aos indios chichimecas o uso da roda, que xa coñecían, mais non sabían como sacarlle proveito. A obra, tamén presta unha atención especial a Hernán Cortés, "un home excepcional que integrouse perfectamente na sociedade. Cóntase con moito rigor histórico. É un cuadro da colonización", comentou o novelista alaricano.

Te puede interesar