FORO LA REGIÓN

Víctor Manuel Vázquez: “O Camiño de Santiago son os pozos de petróleo que temos en Galicia"

<p></p>
photo_camera Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, cinco veces conselleiro da Xunta, compartirá hoxe co público do Foro La Región as vivencias da súa dilatada carreira política

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, cinco veces conselleiro da Xunta, compartirá hoxe co público do Foro La Región as vivencias da súa dilatada carreira política como testigo da transición e dos inicios da autonomía; experiencias que recolle no seu libro "Testigo y parte de la historia reciente de Galicia". A cita será a partir das 20,15 no centro cultural Marcos Valcárcel. 

Que balance fai destes 35 anos de autonomía?

Absolutamente positivos. Galicia satisfaceu as súas ansias de gobernarse a si mesma; ansias que viñan de moi lonxe porque esta terra ten feitos diferenciais que a distinguen das demais. De feito, sentímonos españois pero tamén nos sentimos nosos. Foi un periodo difícil á hora de articulalo orixinándose na súa xestación manifestacións reclamando un Estatuto digno que ao final se logrou cos famosos pactos do Estado, que puxeron a tódalas forzas políticas en común, salvo aos independentistas. Boto en falta esa unanimidade. O espíritu da transición desapareceu. 

É necesaria unha reforma do Estatuto?

Entendo que non. Galicia chegou a un límite competencial onde  o bagaxe da gobernación e das responsabilidades cargan xa nunha porcentaxe elevadísima sobre as costas da autonomía. Con este instumento temos capacidades sobradas para gobernar os nosos intereses de futuro. Eses bailes o único que crean é falta de firmeza e de criterio e confusión.

Tamén foi o artífice do Xacobeo de 1993...

Foron anos de moito traballo. Empezamos no 1990 coa promoción e fixémolo porque Galicia ía quedar unha vez máis desamparada mentres no sur se celebraría a exposición universal de Sevilla e no noroeste, en Barcelona, os xogos olímpicos. Había que discurrir algo e apostamos polo Camiño de Santiago, que é a nosa oferta exclusiva. A nosa obriga é coidalo porque son os pozos de petróleo que ten Galicia. Afortunadamente, xa apareceu no horizonte un segundo plan Xacobeo; teño unha copia. Éste pode satisfacer a uns e a outros non; pero o paso xa se deu.

Como foi a súa relación con Fraga?

Conferiume competencias tan delicadas como ser portavoz do goberno e á vez, do grupo parlamentario, polo que eu tiña que responder a esa dosis de confianza. Isto non quere dicir que na dinámica política non houbese interpretacións distintas.

E a Feijóo como o define? É o seu candidato para as autonómicas?

Naturalmente que sí. Para min é home sinxelo, áxil e tremendamente pragmático ao saber aunar vontades. Un magnífico presidente e necesario para estas terras. n 

Te puede interesar