FORO LA REGIÓN

“Estase a facer dano con esa visión de que somos un pobo subvencionado"

xose_diaz_3_result
photo_camera O economista ferrolano Xosé Díaz Díaz.

O economista Xosé Díaz protagoniza hoxe un novo capítulo do Foro La Región. Presentará no centro cultura Marcos Valcárcel (20,15 horas) o seu libro "As contas que nos contan", co que analiza a actual dependencia entre Galicia e o Estado en materia fiscal e económica.

O economista Xosé Díaz protagoniza hoxe un novo capítulo do Foro La Región. Presentará no centro cultura Marcos Valcárcel (20,15 horas) o seu libro "As contas que nos contan", co que analiza a actual dependencia entre Galicia e o Estado en materia fiscal e económica. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, introducirá a conferencia. 

Sobre que nos vai falar?

Trátase de ver as relación reais económicas entre Galiza e o Estado, fronte á pretensión das balanzas fiscais que pretenden desvirtualas, buscando presentar unha situación invertida, xustificando a existencia do Estado como necesaria para a nosa subsistencia, coma se nós non vivísemos á conta do noso traballo.

Galicia sería totalmente autosuficiente?

Por suposto, no libro queda demostrado, a pesar dos moitos anos que levamos padecendo regresións nos nosos sectores produtivos, como o papel que se nos fai xogar coa electricidade ou a expulsión do capital financiero a través do sistema para beneficiar ó resto. Galiza pode vivir soa, naturalmente cambiando cousas, deixando a sumisión e dependencia do Estado e pasando a ter máis competencias para atender ás necesidades da sociedade.

Estase loitando por isto?

Esta visión invertida que temos os galegos de nós mesmos está provocada polo papel que xogan os partidos estatais. Esa idea de que somos un pobo subvencionado forma parte do discurso. Pero estase a facer un grave dano, porque se impide unha visión positiva do país, como existe noutras partes como Madrid, Cataluña ou Euskadi. Parece que estamos tan subvencionados e somos tan caros, que se nos desen a independencia deberíamos empezar a cavar as tumbas para enterrarnos. É tan absurdo. Debería facerse unha revolución total para que puideran axudar a que un país potencialmente rico converxa cos máis avanzados de Europa. Os galegos, se algo temos demostrado, cunha emigración forzada, é a capacidade de traballo, superar situacións.

O novo modelo de financiamento podería ser unha oportunidade?

É unha cuestión clave. Ese modelo pretende crear esta visión, que non temos capacidade tributaria para financiar as propias necesidades, de aí a famosa solidariedade. Nada máis lonxe da realidade, o sistema de financiamento sirve para financiar as competencias transferidas. Cos últimos datos, sae que as competencias son algo máis de 7.000 millóns. Pois ben, os impostos soportados polos galegos foron 11.131 millóns. 

A diferencia estase indo para outros lados?

Claro. Temos un excedente que se queda o Estado. Se pretende facer pasar eses impostos como a capacidade fiscal de Galiza e non é así.

Faría falta unha voz máis forte para reivindicar desde Galicia, como sucede noutros territorios?

É o problema fundamental, porque ninguén nos vai dar nada, pero non olvidemos casos como o de Euskadi, cun sistema fiscal propio. Eles cédenlle ó Estado case 782 millóns, con ese sistema nós daríamos algo máis de 631 millón, nos quedarían máis de 10.000.

É unha forma de combatir o despoboamento e envellecemento?

Evidentemente, ese cambio de modelo serviríanos para mellorar o nivel empresarial, crear emprego, evitar emigración da xente máis formada. Claro que non se ía resolver de hoxe para mañá, iso sería demagóxico, pero é o único camiño que temos. 

Te puede interesar