FORO LA REGIÓN

Fariña e tabaco, protagonistas do Foro La Región

O arrepentido Manuel Fernández Padín visita esta tarde a Casa da Cultura verinense

Manuel Fernández Padín, no foro que tivo lugar o pasado 3 de maio na capital das Burgas.
Manuel Fernández Padín, no foro que tivo lugar o pasado 3 de maio na capital das Burgas.
Fariña e tabaco, protagonistas do Foro La Región

De seguro que o salón de actos da Casa da Cultura de Verín quedarase hoxe (20,15 horas) pequeno para escoitar a Manuel Fernández Padín, colaborador do clan dos Charlines ata que decidiu acudir a un programa da TVG para contar a súa experiencia dentro da organización ilegal e que acabou ca macro operación policial e cos seus superiores detidos, condeados e encarcelados ó tempo que el se convertía nunha das testemuñas protexidas máis coñecidas do país.

La Región organiza esta vez na vila de Verín, e co alcalde como mestre de cerimonias, un segundo foro adicado á droga e os efectos tan perniciosos que o seu consumo ocasionou. "Enfermé por el consumo drogas, de LSD, y por eso me quedé sin trabajo, sin matrimonio, sin medios económicos y en un momento de grandes necesidades se lo pedí a uno de los hijos de Charlín Gama para el contrabando de tabaco, pero cuando llegué a la descarga resultó ser de hachís. Fue cuando dije que en eso no quería estar metido por el daño que me había causado la droga a mí y por la muerte de mis amigos. Por eso fui al programa 'Corazonada' de Gayoso en la TVG para denunciar que se estaban descargando toneladas de cocaína. Eso me costó una detención y al poco tiempo pasé a colaborar", asegura Fernández Padín. 


O alcalde, o presentador


Gerardo Seoane, o alcalde, será o presentador do convidado do diario La Región a Verín: "A primeira idea que me vén á cabeza é a da gratitude, a súa colaboración coas autoridades, por enriba de calquera outra consideración, de seguro que salvou moitas vidas no seu entorno, pero tamén lonxe del", apuntou Seoane Fidalgo. 
A charla poderá seguirse en directo en www.laregion.es.