FORO LA REGIÓN

Manuel Ferreiro: "O himno galego non recolle o texto orixinal de Pondal"

fff_result
photo_camera O filólogo Manuel Ferreiro.

O filólogo galego Manuel Ferreiro protagoniza esta tarde, xunto co musicólogo Fernando López-Acuña, o Foro La Región "Aproximación histórica ó himno galego". A cita, no centro cultural Marcos Valcárcel ás 20,15 horas.

O filólogo galego Manuel Ferreiro protagoniza esta tarde, xunto co musicólogo Fernando López-Acuña, o Foro La Región "Aproximación histórica ó himno galego". A cita, no centro cultural Marcos Valcárcel ás 20,15 horas.

Como naceu o himno galego?

Nace pola necesidade que se percibía socialmente no 1880 deste himno. É un ano moi importante porque publicase "Follas novas" ou "Aires da miña terra". O orfeón que dirixía Pascual Veiga na Coruña nese ano convocou un concurso internacional, e un dos seus apartados era para unha partitura que correspondera ao texto xa encargado ao que naquel momento era o poeta nacional, Eduardo Pondal. O concurso gañouno un músico militar catalán, Ivo Gotás, pero non tivo moito éxito. Ao final sería a partitura feita por Veiga para a clausura do certame a que gañaría na rúa.

Cando se oficializa o himno?

A posta de longo foi no acto de honra de Pascual Veiga en 1913 tralo traslado dos seus restos dende Cuba. A partires de 1916 asumiuse como o himno oficial polas irmandades galegas no exterior.

E, en canto ao texto?

É un texto literario, que non ten espíritu militar, e que contén tódolos elementos representativos da nosa cultura. O caso é que entre os anos 1880 e 1925, por intereses ás veces espúreos, e nunha liña antigalega en moitas ocasións, ben porque non lles gustaba o himno de Pondal e Veiga ou porque, simplemente, apoiaban outras liñas, xorden varias alternativas a este himno. Entre elas o de Alfredo Brañas e Luís Taibo, de 1911, que é moi radical e foi adaptado polas mocidades galeguistas. Ou tamén o poema de Cabanillas "Acción gallega" de 1915, que tamén o cantaba a xente con asiduidade.

Semella, por outra banda, que existe unha reclamación con respecto ao texto orixinal de Pondal e a letra recollida no himno.

No meu libro "De Breogán aos piñeiros", no que fago un estudo sobre a peza musical, recordo que o texto actual do himno galego non se corresponde co poema orixinal de Pondal, que falaba, por exemplo, de "valeroso clan" e non "valeroso chan". Hai que recordar que a letra do himno imprimiuse na Habana e introduciu varios erros. Seguimos pendentes de que os representantes públicos apoien a recuperación dese texto orixinal.

Te puede interesar