FORO LA REGIÓN - OT

"Roi espera que non se solape ao seu nome o de ‘Sapoconcho', pero deulle repercusión"

Pedro Méndez, o pai de Roi, un dos triunfitos ourensáns, sentouse onte no plató de Telemiño para contar como viven os familiares o fenómeno OT

Pedro Méndez, o pai de Roi, un dos triunfitos ourensáns, sentouse onte no plató de Telemiño para contar como viven os familiares o fenómeno OT.

Como se recibiu na casa esa chamada na que Roi anunciaba que ía entrar na Academia?

Pensalo xa me emociona. Cando mo dixo mandoume unha foto da carta que lles entregan: "Outra vez será", puña. Parecía que non entrara, pero entrou.

Onde estivo a clave do éxito de Roi e os seus compañeiros?

Fixeron un cásting no que seleccionaron a xente que ademáis de cantar ben eran moi naturais, xente simplemente ilusionada con acadar un soño. Non finxían e que teñen un comportamento con valores actuais, non teñen temas tabúes. O Canal 24 horas e as redes déronlle outra dimensión potente.

Roi comezou con vostede, moi pequeno, as clases de gaita. Foi a primeira vez cun instrumento?

Penso que si. O tema da guitarra chegou con 14 anos. Eu tiña unha vella na casa que non se tocaba, quedaba cuns amigos cos que tiña un cuarteto de pop-rock para ensaiar e foi todo unha sorpresa. Presentáronse a un certame de música e foron seleccionados. Despois empezou no mundo das orquestas.

Tiña claro que se quería adicar profesionalmente á música?

Non creo. Soñador é un tío soñador coma calquera mozo, pero supoño que aínda que xa era profesional, porque traballaba nunha orquestra,non se lle pasaba pola cabeza chegar ata onde está agora.

Como encaran o futuro?

Teñen a xira ata finais de xuño. Supoño que haberá algunha actuación máis e polo que escoitei están traballando na posibilidade de proxectos discográficos.

Teñen medo na familia de que o fenómeno OT  devore a Roi?

Tanto como medo… Tampouco é algo que me preocupe porque é un rapaz que non ten paxariños na cabeza. Falar disto fáiseme complicado porque o que lle está pasando creo que é algo efímero. Hai que ver o que pasa dentro de ano e medio.

A relación con Cepeda marcou a evolución de Roi no programa.

A primeira semana vía perdido a Roi, chegaba tarde a todo, e eu dicía "como non espabile é carne de cañón", pero empezouse a soltar. En principio, vin que tiña moi boa relación con todos. Con Cepeda fraguou un cariño case fraternal.

E o momento "Sapoconcho"?

El dixo que non está ata as narices do "Sapoconcho" pero espera que non solape ó seu nome, pero é certo que sin querelo deulle repercusión. No concerto de Barcelona berraban: "Sapoconcho, sapoconcho!" 

Te puede interesar