FORO LA REGIÓN

Seoane Fidalgo: “Non só é esta lei, hai un problema que é global"

O rexidor verinense fala sobre a Lei de Contratos nas grandes e pequenas administracións

Gerardo Seoane.
Gerardo Seoane.
Seoane Fidalgo: “Non só é esta lei, hai un problema que é global"

Verín, ó igual que moitos otros concellos, está sufrindo os efectos da nova lei, algo que engloba en un problema global o alcalde da vila do Támega, Gerardo Seoane, que non poderá acudir finalmente por cuestións personais ó Foro La Región de mañá.

Afecta á xestión?

Claro que se nota un cambio, máis que nada pola desconfianza absoluta en como se deben facer as cousas. Leva a unha parálise.

Están bloqueados determinados expedientes que antes non terían problemas?

Exacto. Determinadas contratacións que se facían antes sen maior problema fan que agora esteas máis cohibido, non tanto por estar facendo as cousas mal, senón pola incertidume.

Hai servizos que non se prestan por isto?

Imos solventando os problemas como podemos. Pero é que a Lei de Contratos é unha parte, o problema é en xeral para os concellos do noso tamaño. As esixencias son moi altas e os medios de persoal e económicos moi baixos. Ademais, en Ourense pode haber moitas empresas para algo, aquí non.

Pensouse só nas grandes administracións?

Correcto. Fanse normas iguais para todos, pero non todos somos iguais. Pasa no tema da contratación, pero tamén no tema laboral, no económico. Lexislar é moi rápido, pero poñelo en práctica non. Necesitamos medios.

Pero é que a maioría dos concellos non son grandes.

Claro.

Hai axuda da Deputación?

Si, pero non é suficiente porque tamén ten que atender moitos concellos.

Están olvidados os concellos pequenos?

Non é iso, senón que hai abordar un problema global de falta de persoal porque as obligacións e servizos que prestar non desaparecen.

É fácil adaptarse a que todo sexa electrónico?

Habería que ter unha plataforma como Deus manda e despois engadir a alfabetización dixital. Os nosos proveedores, sacando catro ou cinco, non están preparados.

É un problema para eles?

Claro, porque quedan excluídos. Eles teñen que prepararse, pero hai que axudalos, porque o que está a pasar é que hai unha gran cantidade de papeleo e só os profesionais poden acudir. A lei estanos axudando a que todo o mundo poida acudir? Non, exclúese a xente, levando á precariedade máis absoluta.

En moitos sitios nin internet chega ben.

Si, o mundo dixital é un problema aínda, e hai que abordalo.