FORO LA REGIÓN

“O tabaco é o gran inimigo da humanidade, reponsable do 30% de tódolos cancros"

RAFAEL
photo_camera Rafael López López.

O Foro La Región retoma hoxe a súa actividade ca ponencia "Biopsia líquida: Galicia na vangarda da investigación oncolóxica", a cargo de Rafael López López, Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico de Santiago.  A cita será ás 20,15 horas no Auditorio

O acto, que conta coa colaboración especial do Ourense Club de Fútbol, será presentado por Jesús García Mata, Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica de Ourense. A cita será ás 20,15 horas no Auditorio.

En qué consiste a biopsia líquida? 

En facer unha análise de sangue na que se usan diferentes técnicas para saber como se atopa o tumor no momento no que a facemos e así poder dar o tratamento máis adecuado, paralo ou poñer outro diferente; é dicir, saber como está o tumor para poder combatilo.

Cales son as ventaxas?

Na actualidad, empréganse outras técnicas moito menos precisas e faise, fundamentalmente, con estudos radiolóxicos, con exploración física ou con análises normais, dos clásicos, do sangue. No caso da biopsia líquida estamos a falar de técnicas novas, que están para incorporarse co fin de axudarnos a tratar mellor ós doentes. Non son agresivas con eles e este análise pódese facer en calquera momento ou incluso repetir con moita frecuencia. Ademais, son técnicas moi rápidas pero, sobre todo, son moi precisas. Dannos información moi molecular, moi íntima do tumor e dunha forma moi profunda para chegar a onde antes non nos imaxinábamos chegar. Vai ser una ferramenta fundamental para a medicina personalizada. 

Cando estará dispoñible?

Está empezando na oncoloxía pero eu creo que se vai expandir por outras áreas da medicina. O cancro representa xa case a primeira causa de morte no mundo Occidental, en Europa, polo que é lóxico empezar por isto. Será progresivo e dependerá da evolución da tecnoloxía e do coñecemento. Agora mesmo estase amplicando nunha pequena proporción, no 1% da asistencia; é dicir, aínda nos falta o 99% por facer. Irase aplicando progresivamente en diferentes tumores e ampliarase nun futuro para casos máis temperáns. A previsión é que nos próximos dous, tres ou catro anos se utilice no cancro de colon, pulmón, mama e próstata.

Como se financiará?

Nós, no Hospital Clínico de Santiago, xa levamos case dez anos facendo investigación sobre estas técnicas. O obxectivo da campaña de micromecenado "Biopsia líquida: Galicia na vangarda da investigación oncolóxica" é conseguir máis financiación. Non é só facer unha análise; sobre o sangue hai que traballar moito con diferentes técnicas dependendo do que ti queiras buscar. Queremos que Galicia esté na vangarda da investigación na oncoloxía de precisión e pensamos en incrementar os fondos da investigación ofrecéndolle a tódolos galegos e galegas a oportunidade de participar e colaborar a nivel individual neste proxecto. É un copia do que fan nos países europeos e americanos. Alí estas campañas son moi habituais. De feito, en Inglaterra, por poñer un exemplo, o 42% da investigación médica é por estas campañas.

Como previr o cancro?

O maior consello para tódolos cancros é deixar de fumar. O tabaco é o gran inimigo da humanidade e o culpable do 30% de tódolos cancros. Despois, está a obesidad, o sobrepeso e a falta de exercicio, que tamén é responsable entre o 15 e 20% dos cancros. Por outro lado, recomendo medidas habituais como comer sano e variado, fruta e verdura, e pouca carne. Tamén, evitar as máquinas de solario para o cancro de pel e usar protección cando se tome o sol pero, sobre todo, ao primer síntoma ou cousa que un se note que no corpo non vai ben, acudir ao médico e non esconder a cabeza. 

Te puede interesar