FORO LA REGIÓN

“Verín perdeu todos os trens e vexo difícil que se volte a ter oportunidade igual"

<p></p>

Alberte Blanco Casal Falará hoxe en Verín (na Casa da Cultura ás 20,00 horas) dentro do Foro La Región sobre a comarca verinense e a súa relación histórica co ferrocarril.

Alberte Blanco Casal, profesor, escritor, ex alto responsable político na Consellería de Medio Rural no goberno bipartito da Xunta, é autor de O conflicto de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histórica ao período 1840-1930. Falará hoxe en Verín (na Casa da Cultura ás 20,00 horas) dentro do Foro La Región sobre a comarca verinense e a súa relación histórica co ferrocarril. A súa charla servirá ademáis de inauguración da mostra de documentación e planos que él mesmo recabou para darlle corpo ao seu libro.

O seu libro ven a desmitificar algunhas sonadas mortes e a certificar o grave erro que con esta comarca se cometeu. É xa irreversible?

É evidente que Verín, e o sul de Ourense, perderon polo de agora todos os tresdos os tres os trens aínda que non descarto que poidamos chegar a ter nun futuro unha conexión deste tipo. Pero, se repasamos a historia, este tipo de inversións danse cada século. Perdemos a opción do século XX, agora a do século XXI e dubido moito que chegue unha terceira oportunidade. Porque é evidente que a aposta por estas infraestructuras vai xunguida ao desenvolvemento económico, e non teremos desenrolo económico sen unhas boas canles de comunicación. Largo me lo fiáis, que diría aquel.

Cal é a razón pola que seu deixou de lado a grande parte da poboación da provincia no trazado do camiño de ferro?

Quen fale de que foi unha cuestión exclusivamente técnica baseada nas dificultades orográficas, minte. Aquí, no seu día, cando se deseñou o trazado so se tiñan en contan os intereses económicos dos principais grupos de capital europeo que estaban a financiar o proxecto, en consonancia, eso si, co goberno da época. Só se tiveron en conta eses intereses estratéxicos, de inversores fundamentalmente franceses e belgas, e obviáronse por completo os intereses das comarcas no trazado do ferrocarril. Circunstancia que por exemplo non aconteceu co deseño galo.

A lenda do vil asasinato do enxeñeiro Fernández-Espada ten que ver coa realidade?

Penso que non, queda algunha dúbida porque non apareceu a documentación do proceso xudicial pero este home traballaba para a empresa que ía construír o ferrocarril e tiña que defender a opción norte. Só quería unir as capitais de provincia pola opción máis curta, él non fixo nada para ir en contra dos intereses da súa empresa, non había móbil algún.

Coñece algún erro histórico similar ao de Verín?

Non fixen un estudo comparativo doutras parte do país, ou mesmo de España, a verdade; pero estou seguro que eses mesmos capitais foráneos deixaron de lado a outras moitas comarcas nos seus respectivos trazados.

Te puede interesar