Barreras abre unha etapa histórica no naval galego coa firma do cruceiro de luxo

El acto de Barreras esta mañana   //  Vicente Alonso
photo_camera El acto de Barreras.

O astilleiro vigués recibiu aos directores da forma Ritz-Carlton para a que construirá un cruceiro de luxo

O estaleiro vigués Hijos de J.Barreras confirmou este martes a firma do contrato de 250 millóns para a construción dun barco híbrido, entre iate de superluxo e cruceiro, para Ritz-Carlton Yatch Collection, un buque que sería o primeiro dunha serie de tres.

Nun acto celebrado nas instalacións do estaleiro, o director de Barreras, José García Costas, explicou que o contrato asinado con Ritz-Carlton "contén unha cláusula opcional para construír un segundo e un terceiro barco". A ese respecto, expresou a súa esperanza de poder anunciar o segundo buque "antes de final de ano".

O director do estaleiro subliñou que, tras 125 anos de historia e máis de 1.600 botaduras, Barreras asume agora "un novo reto", un desafío que vai superar "con moi boa nota" porque ten o coñecemento, a experiencia e o persoal adecuado para levalo adiante.

Segundo José García Costas, este barco, no que xa se empezou a traballar, dará emprego a entre 600 e 800 persoas, entre operarios a bordo e tarefas de taller, e a data de entrega é para finais de 2019

Barco "híbrido" de 'ultraluxo'

Pola súa banda, o responsable de Ritz-Carlton Yatch Collection, Lars Clasen, admitiu que a firma do contrato chegou tras certo "escepticismo inicial", pero que a experiencia en construción de barcos de alto nivel, o bo equipo de xestión e a gran profesionalidade, inclinaron a balanza en favor de Barreras.

"Este barco é un produto moi elaborado, non se pode facer en calquera estaleiro, e impresionounos o cluster marítimo e a existencia de moitas subcontratas moi capaces na Ría de Vigo", engadiu.

Te puede interesar