NOVO PERíODO

Abanca, nova marca coa que operará NCG

A banca
photo_camera Juan Carlos Escotet, vicepresidente de Abanca, durante la presentación de la nueva marca

Inicia unha nova etapa marcada pola sucesión de diferentes fitos nas últimas xornadas

Abanca é o nome elixido para a nova marca de NCG Banco, coa que a entidade financeira operará a partir deste venres e iniciará unha nova etapa marcada pola sucesión de diferentes fitos nas últimas xornadas.

Así, Banesco, o novo propietario maioritario, recibiu o visto bo ao plan de reestruturación revisado por parte de Bruxelas o pasado venres. O sábado, o seu presidente, Juan Carlos Escotet -vicepresidente de Abanca-, congregou todo o equipo na Coruña para presentarlle as liñas estratéxicas da entidade de agora en diante.

Xa esta semana, o luns, a xunta xeral de accionistas aprobou por maioría a saída do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), 1.000 días despois de que este conseguise a entidade. E este mesmo mércores se produciu a sinatura do traspaso accionarial e a primeira reunión do novo consello de administración, onde Javier Etcheverría figura como presidente.

Este xoves, os novos responsables deron a coñecer a nova marca, Abanca, nun acto público no auditorio do banco en Santiago -na Rúa do Preguntoiro- ao que asiches o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e numerosos representantes da vida social, económica, cultural e política galega.

Te puede interesar