MÚSICA

Alba María: “O escenario xa é máis a miña casiña”

Alba María, con 20 anos, estrenase no mundo da canción.
photo_camera Alba María, con 20 anos, estrenase no mundo da canción.

A viguesa, de 20 anos, presenta por Galicia o seu primeiro disco ‘Aínda’

O panorama musical galego ten a unha nova promesa viguesa pisando forte. Chámase Alba María (1995). Ven de gañar o primeiro certame de Canción de Autor, organizado polo Concello de Teo e como galardón, estrea o seu primeiro disco “Aínda”, arroupada pola Central Folque. Esta fin de semana actuou en Porriño e a pasada en Redondela, entre concerto e concerto, así se atopa esta estudante de Filoloxía que irrumpe con forza no mundo da música.

Como vivíu o proceso de gravación do disco? Era como esperaba?

Foi un proceso duro porque esixíu moito tempo e entrega. Era complicado traballar no estudo en Coruña e asistir a clase en Santiago. Eu quería estar o cen por cen polos músicos. Máis ou menos aconteceu como imaxinaba. Nunca vin o oficio de cantar como algo doado e sinxelo. Estou convencida que triunfar non só é cuestión de talento.

Canto ten este disco e as súas cancións de Alba María?

Está formado por oito canción escritas por min e con música, tamén na súa maioría, miña. Contei coa colaboración nos arranxos de José Manuel Díaz e Alejandro Vargas, dous músicos cubanos xeniais. Ademais tocaron músicos como Pedro Pascual (Marful), Felipe Villar, Óscar Fernández (Os Cempés), Carlos Freire ou Gutier Álvarez. É unha mestura de estilos, moi diferentes pero todos enraizados na música popular que é levada ao terreo do folk galega.

Que supuxo gañar o Certame de Canción de Teo?

Foi un cambio na miña vida e unha alegría, xa que me permite poder facer o que máis me gusta no mundo. 

Xa está afeita aos escenarios?

Non me intimida tanto, o escenario xa é máis a miña casiña.n

Te puede interesar