Aparece un indixente morto nunha casa abandonada en Vigo

A Policía Local de Vigo informou da aparición, este martes pola mañá, do cadáver dun varón, que vivía nunha casa abandonada no barrio de Teis, sen aparentes signos de violencia.

Fontes policiais indicaron que un particular, que adoitaba visitar a este indixente nesa casa abandonada, no número 32 da rúa Purificación Saavedra, avisou o 092 porque non vira o home dende había un par de días.

Cando os axentes entraron no inmoble atopáronse o cadáver do home. Ao lugar acudiu o 061, así como un facultativo forense e membros de Policía Científica.

Te puede interesar