DISPOSITIVO DE BúSQUEDA

Recuperan o corpo da muller que caeu nunha zona de acantilados de Oleiros

Fuen encontrada en una zona de acantilado desde el que podría haberse precipitado

Fontes do Servizo Municipal de Emerxencias, que participaron xunto na recuperación do corpo xunto cos bombeiros, explicaron que se achaba encaixado nunha cova a 25 metros de profundidade, polo que foi preciso contar con equipos de descenso.

A zona de covas na que se atopaba o corpo da muller, que agora se trasladará ao hospital da Coruña, dificultou a súa recuperación.

En calquera caso, Salvamento Marítimo precisou que, dende media mañá, en torno ás 12,00 horas, numerosos medios de Garda Civil, Protección Civil de Oleiros, Cruz Vermella, o helicóptero de Salvamento, bombeiros e mergulladores, entre outros, traballaron na zona.

Segundo puido saber Europa Press, a voz de alarma da desaparición desta muller, que rolda os 40 anos, deuse esta mesma mañá cando non acudiu a abrir un negocio que ten na localidade.

Posteriormente, o seu coche foi localizado na zona de acantilados de Seixo Branco, onde agora se despregou un amplo dispositivo de busca.

Te puede interesar