IMPULSADO POR EMIGRACIÓN

Chegan a Galicia os primeiros 102 participantes no programa 'Reencontros na Casa', impulsado por Emigración

Un total de 99 participantes en el programa "Reencontros na casa 2014" procedentes de Argentina han llegado al aeropuerto compostelano de Lavacolla y han sido recibidos por sus familiares
photo_camera Un total de 99 participantes en el programa "Reencontros na casa 2014" procedentes de Argentina han llegado al aeropuerto compostelano de Lavacolla y han sido recibidos por sus familiares

O 58 por cento dos 188 beneficiarios deste ano participa por primeira vez no proxecto

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu este mércores aos primeiros participantes da edición deste ano do programa 'Reencontros na Casa', que chegaron aos aeroportos compostelano e coruñés. Así, aterraron 93 arxentinos en Lavacolla e nove cubanos, en Alvedro.

Este ano, serán un total de 188 os participantes deste programa, que ten como obxectivo ofrecer a posibilidade de achegarse á súa terra e á súa familia, aos galegos residentes nos diferentes países de Latinoamérica. Os emigrantes terán a oportunidade de redescubrir as súas raíces e poñerse en contacto coa realidade actual de Galicia, case sempre nos mesmos lugares nos que naceron.

De feito, segundo informou a Xunta a través dun comunicado, para algúns deles é o primeiro retorno á súa terra de nacemento dende a súa emigración. De feito, o 58 por cento do total pisarán Galicia por primeira vez dende que se foron á diáspora.

Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral da Emigración pretende consolidar as prestacións sociais aos cidadáns galegos residentes no Exterior.

As axudas para algúns dos beneficiarios consisten no 60 por cento do custo da pasaxe, agás no caso de Cuba, onde a axuda alcanza o 90 por cento. No caso de Venezuela, chega ao 100 por cento, debido á situación económica e ás dificultades engadidas para acceder ás divisas necesarias.

 

NON MÁIS DE TRES MESES

A Xunta, ademais de sufragar esa parte do billete, encárgase de velar pola súa saúde no traslado e organizar coas familias o reencontro. Son elas as que, posteriormente, se encargarán da manutención e hospedaxe dos beneficiarios da iniciativa. A duración da estadía en Galicia non pode prolongarse en ningún caso máis alá dos tres meses.

As condicións e o presuposto destinado por Emigración, segundo informou a Xunta, non varían con respecto a anos anteriores. Para poder conseguir estas axudas, os participantes tiveron que acreditar ser emigrantes galegos ou fillos de emigrante, residir en Latinoamérica, ter máis de 60 anos, ser válido por si mesmo, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

Así mesmo, non poden participar nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes da Secretaría Xeral de Emigración, e teñen que contar con familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estanza en Galicia, así como ter ingresos inferiores a tres veces o importe da pensión asistencial española por ancianidade marcada para o país de residencia.

Do mesmo modo, pódense beneficiar os cónxuxes dos emigrantes galegos que cumpran algún destes requisitos, segundo establece a orde reguladora do programa.

A media de idade do continxente desta edición é de 75 anos pero unha das beneficiadas, residente en Arxentina e que chegou este mércores a Lavacolla chega aos 95.

 

Te puede interesar