FOLGA

Un chamamento a "parar" Galicia o próximo 8 de marzo pola igualdade

58c07a3a84131_result
photo_camera Manifestación en Madrid con motivo do Día Internacional da Muller.

Diversos colectivos feministas, sindicatos e partidos políticos animan a participar na xornada de folga tanto laboral, como de consumo e de coidados

Diversos colectivos feministas, sindicatos e partidos políticos fan un chamamento a "parar" Galicia o 8 de marzo pola igualdade entre mulleres e homes, así como para denunciar a brecha salarial, a precariedade e a violencia machista.

Por parte de colectivos galegos chámase a unha folga feminista tanto laboral, como de consumo e de coidados, do mesmo xeito que en todo o Estado e en 177 países, para visibilizar o peso de todas as mulleres en todas as áreas.

Así, a Plataforma Feminista Galega empraza aos homes a apoiar este 8 de marzo nun "segundo plano", coa realización de tarefas do fogar, coidados e traballos que desenvolven habitualmente as mulleres para facilitar que elas acudan á folga e quede patente a importancia delas.

O manifesto de colectivos feministas galegos para o 8 de marzo deixa claro que "basta" de: discriminación salarial e de acoso sexual no traballo, agresións e humillacións --reclama un pacto de Estado dotado de medios--, desigualdade nas pensións e de "opresión" por orientacións sexuais.

Ademais da folga haberá diversas mobilizacións o 8 de marzo nas sete cidades con manifestacións que arrincarán pola tarde.


Convocatorias sindicais


Entre os sindicatos, a xornada de folga feminista convocarase de forma diferente. Así, mentres UXT, CC.OO. e CIG realizarán paros parciais, a CUT -co Sindicato Labrego, Sindicato Ferrovial Intersindical e o Sindicato de Elevación- levará a cabo unha folga de 24 horas.

UXT e Comisións Obreiras presentaron este luns en rolda de prensa as súas convocatorias conxuntas de paros de dúas horas para o 8 de marzo a desenvolver en función das quendas dos traballadores --de 12,00 a 2,00; de 12,00 a 14,00 e de 19,30 a 21,30--.

Respecto diso, Mamen Sabio (CC.OO.) resumiu que "chegou o momento" de "dar un paso adiante" contra problemáticas como a precariedade ou a violencia machista. "Estamos fartas destas situacións e condicións", avisa Mónica Rodríguez (UXT). Ambas reclamaron medidas ao Goberno como unha lei de igualdade salarial.

"Sobran as razóns e os motivos", manifestou este luns Marga Corral, secretaria de Mulleres de CIG. Explica que avogan por paros parciais para "facilitar" ás mulleres que poidan secundar a convocatoria sen que vexan minguados os seus salarios.


Datos


Algúns dos datos expostos hoxe por UXT e CC.OO. na súa rolda de prensa en Santiago serven para ejemplificar a desigualdade entre homes e mulleres. En Galicia, actualmente hai 48.900 mulleres menos que homes incorporadas ao mercado laboral.

Elas deixan de percibir polo mesmo traballo ao ano unha media de 5.000 euros. Tres de cada catro contratos parciais son desempeñados por mulleres (o 77,3%).

A taxa de desemprego é 1,4 puntos maior entre mulleres que entre homes na Comunidade galega, mentres que hai 107.000 mulleres desempregadas. Nove de cada dez permisos e excedencias por coidados son asumidos por mulleres.


Apoio político maioritario


En Marea, PSDEG e BNG apoian a folga do próximo 8 de marzo, mentres que o PPDEG considera que hai outras formas de traballar "pola igualdade real entre homes e mulleres".

Te puede interesar