DIPUTACIÓN DE LUGO

Darío Campos nomea vicepresidente ao nacionalista Antonio Veiga

Antonio Veiga tomará ocargo en función do "acordo marco" subscrito polo PSdeG e o BNG

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, confirmou hoxe que onte mesmo, pola tarde, asinou o decreto de nomeamento do nacionalista Antonio Veiga como vicepresidente da institución, en función do "acordo marco" subscrito polo PSdeG e o BNG, que tamén está en vigor nas Deputacións da Coruña e Pontevedra.

Con respecto á composición do seu Goberno, Darío Campos explicou que as reunións para darlle forma e repartir as diferentes áreas de xestión entre os deputados dun e outro partido comezarán a celebrarse a partires da semana que vén.

Sí sinalou que o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, terá funcións no novo Goberno provincial, porque é un deputado do grupo socialista e quere contar coa súa "experiencia".

En todo caso, sobre as áreas concretas das que se fará cargo, que segundo outras fontes serán Vías, Obras e Parque Móbil, afirmou que diso aínda non se falou".

Esta mañá, tanto el como o vicepresidente da Deputación realizarán unha visita aos funcionarios da institución e manterán encontros cos xefes de servizo, de quenes esperas "lealdade" e "colaboración".

Campos afirmou que, como alcalde da Pontenova, sempre tivo "unha boa relación" cos funcionarios do seu municipio e espera que algo parecido suceda cos traballadores da Deputación de Lugo.

Te puede interesar