SUCESO / LUGO

Detido un veciño de Ribadeo por un delito de pornografía infantil

O material intervido foi analizado por especialistas informáticos da Garda Civil que detectan "múltiples arquivos de imaxes e videos",

Axentes de Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo detiveron un veciño do municipio de Ribadeo (Lugo) por un delito de corrupción de menores e interviñéronlle centos de imaxes e videos de contido sexual explícito de pornografía infantil.

Segundo informou o Instituto Armado, no marco da denominada 'Operación BAT' ás 12,30 horas do martes foi arrestado un veciño de Ribadeo de 37 anos como presunto autor dun delito de pornografía infantil.

A operación iniciouse o pasado mes de xuño, tras ter coñecemento a través dunha denuncia presentada a través da oficina de atención ao cidadán da Dirección Xeral da Garda Civil, de que un veciño de Ribadeo podía estar a cometer un posible caso de pedofilia.

Por iso, iniciouse unha investigación dos presuntos feitos delituosos que deu lugar a un rexistro domiciliario e á intervención de varios equipos informáticos o pasado 29 de xullo.

MATERIAL ANALIZADO

O material intervido foi analizado por especialistas informáticos da Garda Civil que detectan "múltiples arquivos de imaxes e videos", segundo indican as mesmas fontes, con copias de pantalla de distintas páxinas web, arquivos completos, fragmentados e partes sobrescritas de material pornográfico infantil, "imaxes artísticas de modelos menores de idade imitando poses adultas de nu ou seudo pornográficas", engaden.

No rexistro interviñéronse programas de enmascaramento de IPs, co fin de manter o anonimato á hora de navegar pola rede, utilizando entre outros o coñecido proxecto TOR.

A persoa detida en relación cos citados feitos foi posta a disposición xudicial na mañá deste mércores.

Te puede interesar