CULTURA

"Dhogs" triunfa con 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo

636557223558359824w
photo_camera El equipo de 'Dhogs' recibe el premio al mejor largometraje, en la gala de los XVI Premios Mestre Mateo del audiovisual gallego

A opera prima de Andrés Goteira conquistou os galardóns á mellor longametraxe e mellor guión, dirección e montaxe para o meirense, que comparte a última con Juan Galiñanes

A película `Dhogs` conquistou 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo celebrados na noite do sábado na Coruña, á vez que se converteu na produción máis votada na historia destes galardóns que concede a Academia Galega do Audiovisual.

A opera prima de Andrés Goteira conquistou os galardóns á mellor longametraxe e mellor guión, dirección e montaxe para o meirense, que comparte a última con Juan Galiñanes.

Os académicos recoñeceron tamén a interpretación protagonista de Melania Cruz e de Iván Marcos e a interpretación de reparto de María Costas e Antonio Durán `Morris`. Ademais do pleno nas categorías interpretativas, Dhogs gañou tamén os premios á mellor dirección de produción para Suso López, dirección de fotografía para Lucía Catoira Pan, música orixinal para Germán Díaz, dirección de arte para Noelia Vilaboa e son para David Machado e Javier Pato.

Outra ópera prima, `A batalla descoñecida`, neste caso dirixida por unha muller, Paula Cons, gañou o premio ao mellor documental. Moi novos tamén son os Porco Bravú, que gañaron o seu segundo premio á mellor serie web con `Peter Brandon`.

`Matria`, de Álvaro Gago, conquistou o de mellor curtametraxe e The neverending wall o de mellor curtametraxe de animación. `Conserveiras do noso fixo` o propio co de mellor anuncio e `Troubled times` (Green Day), de Manu Viqueira, co premio ao mellor videoclip.

`Serramoura` acadou por cuarto ano consecutivo o premio á mellor serie de TV, mentres que `A Revista Fin de Semana` gañou o de mellor programa de TV e Nieves Rodríguez o de mellor comunicadora polo seu traballo no `Vaia Troula!`. Completa os premios televisivos o de Dani Viqueira Carballal e Veru Rodríguez Rodríguez pola realización de `Tesouros no faiado`.

Finalmente, Arantxa Domínguez gañou o premio ao mellor vestiario polo seu traballo en `Juana de Vega, Vizcondesa do Arado` e Chicha Blanco e Vicen Betí o de mellor maquillaxe e perruquería en `Os fillos do sol`.

Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey e co Premio Especial José Sellier. Este ano, as homenaxes foron para a actriz María Bouzas e para os vigueses Multicines Norte, tamén presentes en Santiago cos Multicines Compostela.

Te puede interesar