DÍA DO LIBRO

Os Bolechas apoian a candidatura das Cíes a Patrimonio Mundial no Día do Libro

Uns cen escolares celebran o Día do Libro cos Bolechas en Cíes
photo_camera Uns cen escolares celebran o Día do Libro cos Bolechas en Cíes

A Consellería de Educación e Cultura convidou a 109 nenos dende pimeiro a cuarto de Primaria a festexar a xornada nas illas atlánticas

Como compañeiros de viaxe contaron cos Bolechas, os personaxes de Pepe Carreiro. O conselleiro, Román Rodríguez, fíxolles entrega dun exemplar "Van ás illas Atlánticas", coas aventuras dos seis irmáns. " Este acto ten un valor simbólico triple: a celebración do Día do Libro, a conmemoración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural e un apoio á candidatura das Illas Atlánticas como patrimonio da Unesco", apuntou.

A candidatura conxunta Illas Atlánticas xa está na lista da Unesco. Así o confirmou o conselleiro Román Rodríguez quen asegurou que xa se mantiveron encontros cos técnicos do organismo internacional para preparar a candidatura. Asemade afirmou que Medio Ambiente xa traballa na aplicación informática para que se poidan reservar billetes na temporada alta.

Te puede interesar