SANTIAGO DE COMPOSTELA

Falece unha menor electrocutada o tocar unha farola

Os feitos sucederon sobre as 2,00 horas durante a celebración das Festas de Guadalupe no barrio de Vite

Unha menor faleceu na madrugada deste luns supostamente electrocutada durante a celebración dunhas festas no barrio de Vite en Santiago de Compostela.

Segundo informaron fontes da investigación, os feitos sucederon sobre as 2,00 horas durante a celebración das Festas de Guadalupe no barrio de Vite, supostamente debido a un incidente cun farol.

Ao lugar desprazouse unha ambulancia asistencial e outra medicalizada do 061, cuxo persoal sanitario practicou as manobras de reanimación á menor, pero a moza faleceu no punto, segundo confirmaron fontes sanitarias.

A Policía Científica do Corpo Nacional de Policía investiga os feitos e desprazouse ao lugar para realizar xestións tendentes a aclarar o sucedido.
 

Te puede interesar