SUCESO / PONTEVEDRA

Falece un motorista de 23 anos nun accidente en Redondela

635794999558247398w
photo_camera La moto del fallecido tirada en el lugar del accidente.

O sinistro tivo lugar ás 16,12 horas da tarde deste domingo, cando o mozo se saíu da vía tras perder o control da súa motocicleta.

Un motorista de 23 anos faleceu este sábado nun accidente acontecido na estrada N-550, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Redondela. O mozo, con identidade I.M.M., é veciño da parroquia da Reboreda deste mesmo concello.

Segundo informaron fontes sanitarias, o sinistro tivo lugar ás 16,12 horas da tarde deste domingo no punto quilométrico 145, cando o mozo se saíu da vía tras perder o control da súa motocicleta.

Ao lugar acudiron unha ambulancia asistencial, outra medicalizada do Servizo de Urxencias Médicas 061, así como persoal do PAC de Redondela. Malia os esforzos do equipo sanitario, o mozo faleceu no punto.

Ademais, tamén se mobilizou a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico, así como efectivos do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) de Redondela.

Te puede interesar