SUCESO

Falece un mozo mentres disputaba un partido de fútbol en A Coruña

O futbolista entrou en parada cardiorrespiratoria tras sufrir un desmaio

Un mozo futbolista de 32 anos de idade faleceu na tarde deste sábado cando disputada un partido de fútbol no campo de San Mamede no municipio coruñés de Vedra.

Segundo informou o 112, testemuñas relataron que o mozo entrou en parada cardiorrespiratoria tras sufrir un desmaio. Foi sobre as 17,35 horas cando varios particulares contactaron co CAE 112 Galicia para pedir axuda.

De inmediato, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos servizos sanitarios de urxencia e dos axentes da Guardia Civil.

Te puede interesar