ACCIDENTE

Falece unha muller tras ser atropelada por un turismo en Poio

635524417046483853w
photo_camera El cuerpo trasladado por las autoridades competentes.

O suceso ocurriu as 12.50 horas na Avenida da Toxa da localidade pontevedresa

Unha muller faleceu este luns tras ser atropelada por un vehículo que circulaba pola Avenida da Toxa, na localidade pontevedresa de Poio.

Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia, foi un particular o que deu a voz de alarma sobre as 12,51 horas, antes de que estas procedesen a informar a Urxencias Médicas.

Dende o CAE 112 pediuse tamén a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, dos efectivos de Protección Civil de Poio e de Sanxenxo.

Debido á gravidade das lesións, requiriuse a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela que, aínda que chegou a tomar terra no lugar do accidente, non fixo o traslado debido ao falecemento da muller.

FERIDOS LEVES

Por outra parte, un total de cinco persoas resultaron feridas de carácter leve tras producirse un accidente entre dous vehículos que circulaban pola Avenida de Lugo, á altura do número 48, en Pontevedra.

Dende o CAE 112 Galicia, tras recibir a alerta dun dos implicados minutos antes das 10,00 horas, pasou aviso aos servizos sanitarios de urxencia, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil de Pontevedra.

Te puede interesar