SOCIALISMO DIVIDIDO

Ferraz deixa sen efecto a competencia do PSdeG de convocar primarias

Dende o socialismo galego destacan a importancia dunha renovación para ter un nova dirección autonómica

A Xestora do PSOE comunicou á dirección provisional do PSdeG, á fronte da cal está Pilar Cancela dende a dimisión do exsecretario xeral José Ramón Gómez Besteiro, a decisión de deixar sen efecto a competencia atribuída para poder convocar o congreso, e polo tanto as primarias, para elixir unha nova dirección do partido en Galicia.

Nun comunicado de prensa, a Xestora do PSdeG, que avoga por axilizar a convocatoria do congreso para elixir dirección, explica que recibiu unha resolución asinada por Ascensión Godoy Tena, adxunta á Área de Organización da Xestora do PSOE, na que lles traslada esta decisión.

"Dende esta Xestora solicitamos dende o primeiro momento da constitución da Xestora Federal do PSOE unha entrevista co presidente de esta, Javier Fernández, coa finalidade de consensuar e coordinar unha folla de ruta a nivel federal e autonómico para a renovación dos nosos órganos e a elección dunha nova dirección", recorda.

Neste sentido, subliña que "como é público", a posición da Comisión Xestora do PSdeG "é celebrar unhas primarias e un congreso á maior brevidade posible", unha posición que reiterou no seu comunicado deste mércores.

Reunión urxente

En vista que a resolución recibida traslada tamén segundo puntualiza, que "non procede celebrar" o Congreso do PSdeG "ata a celebración do proceso congresual federal", a dirección provisional á fronte da cal está Cancela insiste na "absoluta necesidade de ter canto antes a reunión con Javier Fernández".

Ao respecto, alega que urxe que les "informe das previsións de prazos e o procedemento establecido" co fin de "poder darlle voz á militancia tanto en España como en Galicia" e "abrir os necesarios procesos congresuales".

Te puede interesar