GALICIA

O FROB remite á Fiscalía dúas novas operacións irregulares en Novacaixagalicia

Estiman un movemento de 210 millóns nas operacións

A Comisión Reitora do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) acordou, tras a análise dos informes forensic recibidos, o envío de dúas novas operacións irregulares á Fiscalía que corresponden á antiga Novacaixagalicia (NCG) e os prexuízos económicos da cal se estiman nuns 210 millóns, informou o organismo dependente do Banco de España.

Segundo sinalou o FROB, a operativa analizada nestes expedientes baséase fundamentalmente en operacións de financiamento e refinanciamento para a adquisición de inmobles e/ou participacións en sociedades, refinanciamento para a adquisición de sociedades.

Ademais, inclúense renegociacions de empréstitos con reducións de garantías, operacións de cancelación de débedas (sexa por compravenda de activos e/ou dación en pagamento de calquera outra figura xurídica análoga), vendas de inmobles adxudicados, operacións de investimento (por exemplo, en situacións precarias dende o punto de vista económico ou patrimonial), venda de inmobles adxudicados, e, en xeral, operacións que deron lugar a importantes perdas para a entidade e representen indicios de irregularidade ou non respondan a unha finalidade económica lóxica.

O organismo presidido por Fernando Restoy indicou que "continúa a análise dos diversos informes forensic" que lle están sendo remitidos "tanto da entidade coma do resto nas que ten participación en capital".

Outros 23 informes.

O pasado 17 de outubro, o FROB xa remitiu á Fiscalía un total de 23 informes con operacións irregulares detectadas tamén na antiga Novacaixagalicia (NCG) e en Catalunya Caixa (CX) que sumabann un prexuízo económico de 1.500 millóns de euros.

A maioría destas operacións sospeitosas realizáronse entre 2005 e 2008. Destas operacións, 16 correspondían a CX, actualmente Catalunya Banc, por un prexuízo económico de 900 millóns de euros, e 7 a NCG, por 600 millóns.

Comparecido por 19 causas penais

Polo momento, o FROB iniciou ou está comparecido en 19 causas penais nas que se analiza ou investiga presuntos delitos relacionados con operacións financeiras ou inmobiliarias de entidades con axudas públicas. Segundo o Fondo, con isto se busca minimizar, en última instancia, o custo para o contribuínte.

O organismo dependente do Estado tamén informou de que continuará a análise dos diversos informes 'forensic' que está a recibir por parte das entidades mencionadas como do resto na que ten participación no capital.

Te puede interesar